martes, 27 de xullo de 2010

NOVAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOITAS OLIMPICAS NA COMARCA

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba en colaboración coa Federación Galega de Loitas Olímpicas está a traballar para o estabrecemento de novas escolas deportivas municipais deste deporte noutros concellos da Terra Chá. Nestes días estanse a concretar reunións cos alcaldes e responsables de deportes daqueles concellos nos que as campañas de promoción da loita nas clases de educación física tiveron unha mellor acollida. A intención é poñer a disposición da mocidade unha actividade deportiva de calidade acesible para todos e cun minimo custe para os concellos involucrados tendo en conta a situación actual de crise.
Esta iniciativa enmárcase no proxecto de creación da Escola Chairega de Loita como un modelo deportivo que dea resposta á mocidade en todos os aspectros do eido deportivo, dende a iniciación e o deporte de base ate a tecnificación e o alto rendemento, e que culminará coa creación dun centro de apoio á tecnificación e ao rendemento deportivo sito nun dos concellos chairegos ao que poderán asistir todos os loitadores da comarca para adestrar diariamente.

Varias administracións como  a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e outras empresas privadas están a colaborar co Club de Loitas Olímpicas Vilalba para financiar aspectos concretos desta iniciativa como é a contratación de persoal ou a adquisición dunha furgoneta.
Nas próximas datas darase publicidade exacta do estado acutal da campaña así como das empresas e adminsitracións participantes nela.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

suerte...

Anónimo dixo...

jaja