Jose Cuba rematou nun meritorio 9º posto o Final Golden Grand Prix de Baku tras vencer en primeira rolda ao kirguiko Lazarev, loitador que xa vencera ao noso no Gran Premio de España do 2009. A loita polas preseas do vilalbés foille negada polo representante iraní Azarshakib que a súa vez caeu en semifinais ante o norteamericano Dlagnev deixando ao noso fora da repesca polo bronce.
A categoría estivo dominada polo actual subcampión de Europa, o turco Kakiroglu, unha das principais figuras a ter en conta para Londres 2012.Este é o primeiro internacional do ano no que Cuba non sube ao podio, e a persares do 9º posto, este campionato foi moi revelador en canto ao estado de forma do vilalbés de cara ao próximo mundial de Moscú, alá polo mes de Setembro.
Esta semana Cuba aproveitará para correxir erros técnicos no seu club en Vilalba, a próxima semana concentrase en Polonia ata o 9 de Agosto data en que viaxará a unha nova concentración en Acerbaián onde convivirá co equipo do país ate a súa viaxe a Moscú.
O programa de preparación do vilalbés de cara á clasificación olímpica do 2012 é moi esixente, podéndose levar a cabo grazas á colaboración da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo que suscribiu un convenio co club vilalbés para este e outros fins.
No seguinte enlace podedes obter toda a información sobre o campionato e a actuación do noso deportista:
Páxina oficial do Bakú 2010 Final Golden Grand Prix
2 comentarios:
9º DE 17... TAMPOUCO É UNHA FAZAÑA, EN BAIONA HAI MÁIS LOITA QUE EN VILALBA
"Traballa, traballa moito ao teu favor. Deixa de esperar a felicidade sen esforzos. Para de esixir das persoas aquelo que nin sequera ti conquistaches aínda" (ARISTÓTELES)..
...Pois iso, somentes resalto algo que antes non acadáramos ningún de nós, e xa é bastante. Desprezando o traballo dos máis non melloramos ningún entroques, traballade duro pra facelo mellor e seguro que todos melloraremos.
Unha aperta
Iván
Publicar un comentario