luns, 7 de xuño de 2010

JOSE CUBA CONSEGUE O BRONCE EN DORTMUND

O Vilalbés José Cuba rematou coa presea de bronce a súa participación no Grand Prix der Bundesrepublik Deustchland que tivo lugar na cidade xermana de Dortmud.
O polaco Kordus Arkadiusz foi quen cortou o ascenso do vilalbés ata a final ao eliminalo en dous asaltos que tiveron que chegar ao clinch (desempate). Xa na repesca Cuba tiña a posibilidade de acadar o bronce pero precisaba gañar ante o representante alemán Brosowski Jens, e nun combate de dous asaltos o noso deportista impúxose cun 1-1 e un 3-0 que lle serviu para non marchar de baleiro. A final foi o húngaro Ligeti Daniel quen se impuxo na categoría, a prata foi para o representante polaco e os bronces foron para o noso e máis para o representante mexicano Jose Ruiz Flores.
O balear Francisco Sánchez tamén acadou o Bronce na categoría de menos de 55 kg sendo o segundo e derradeiro metal para a selección española . O resto do equipo, a pesares de teren unha boa actuación caeron eliminados nas roldas iniciais e sen posibilidade de repesca.
Desde o Club de Loita Vilalba valoramos positivamente a participación de Cuba en Dortmund pois axústase á consecución dos obxectivos plantexados ao inicio da tempada, agás no europeo de Bakú aló por Abril e Makhaskala en Xaneiro, Cuba acadou o podio en todas as competicións internacionais das que tomou parte nesta tempada. Esperemos que esta progresión continúe ate o mundial do 2011, primeira proba clasificatoria para Londres 2012.
Cuba permanecerá en Alemaña ate o día 12 participando nunha concentración internacional preparatoria para o mundial de Setembro. O día 14 regresará a Vilalba onde lle agarda o loitador ukraniano Sergei Priadum, varias veces finalista de europeos e mundiais e 1º no campionato do mundo militar. O deportista ukraniano será contratado como sparring polo Club de Loita Vilalba grazas ao convenio subscrito coa Deputación de Lugo para o desenrolo e preparación dos loitadores lucenses que se atopan no alto rendemento, e permanecerá en Vilalba ate o próximo día 9 de Xullo, data en que José viaxará ao Gran Premio de España en Madrid para enfrontarse a algúns dos mellores loitadores do momento.
Información oficial sobre o torneo en:
http://www.fila-wrestling.com/images/documents/annonces/resultats/2010_06/results_gpdortmund.pdf

Páxinas web relacionadas co evento:




2 comentarios:

Anónimo dixo...

Bravo Cuba, saes hoxe na Voz e no Progreso

Anónimo dixo...

aupa