Información remitida pola FGLeDA:: O loitador Galego Luís Garnil, pertencente o Club de loita Keltoi de Vila de Cruces, ven de participar coa Selección Nacional Júnior no campionato internacional “Coupe Ráphael Martinetti”, celebrado este sábado 12 de Xuño en Martigny (Suiza), na categoría de Loita Libre Olímpica en menos de 74 kg.
O seu destino fixo que se cruzara no primeiro combate de esta proba co representante Austríaco por 2:0 no primeiro período e 3:0 no segundo período. Tras superar este enfrontamento, en segunda rolda, xogouse o pase a final enfrontándose o representante Australiano, o que non lle fixo ningún tipo de concesión e venceu por tocado no primeiro período, e valeulle o pase a final.
Luis Garnil disputou a final fronte o representante Albano, cedendo no primeiro asalto por un mais que axustado 1:0, e no segundo asalto un erro táctico desencadeou un rotundo 7:0, que a postre sería definitivo, deixando escapar a medalla de ouro, e téndose que conformar coa prata que pode abrirlle o camiño de cara o Europeo ou o Mundial.
Os resultados da selección Española Júnior participantes neste torneo foi mais que discreto, o único resultado salientable foi o 1º posto de Antonio Rodríguez (Comunidade Murciana).
Ningún comentario:
Publicar un comentario