xoves, 27 de maio de 2010

ATA SEMPRE E BOA SORTE EMILOV Дори винаги Добра съдба ЕМИЛОВ

Dende o Club de Loitas Olímpicas Vilalba queremos facer esta pequena homenaxe a Staminir, Emil, Kadrín e Mihail; os irmás Emilov. Coñecían a loita dende nenos pois en Bulgaria, a súa país de orixe, case que é o deporte nacional aínda que foi en Vilalba onde a practicaron por vez primeira.
O primeiro en vir ao club foi Kadrín, enterouse polo "Iko" de que había este deporte en Vilalba e non o dubidou un chisco pois coñeceía a fama dos loitadores do seu país. Ao día seguinte xa estaban todos os irmáns adestrando, ata tentouno seu pai pois xa loitara de mozo no servizo militar.
Costounos moito facerlles entender que non podían vir a adestrar todos os días xa que este é un privilexio que se lle concede aos deportistas que levan anos adestrando e competindo, aínda así cada día presentábanse no auditorio ás oito en punto coa roupa e decididos a adestrar. Foron quen de facernos quebralas regras e á segunda semana xa estaban adestrando diáriamente, cremos que viron na loita unha saída a algo.
A súa progresión deportiva foi abraiante, acadaron os primeiros postos nos campionatos galegos das súas categorías e Emil incluso chegou ao bronce no campionato de España escolar. Pero o que máis nos enche foi a súa evolución como persoas, a súa adecuación ás nosas costumes e normas que tantos quebradeiros de cabeza lles deu ao principio.
Agora marcharon para Bulgaria, a súa patria, pero creo que cun certo sentimento do que deixa a súa terra;".... sabes...qué voi faser Yo en Bulgaria? sabes... esto mejor aquí..." dixo Kadrín coa súa mesterua galego-búlgaro-castelán denantes de partir.
Estou seguro que agora en terras tracias non se sinten como o retornado que volve sen atopar o que buscaba, pois son moitas as cousas que levan de eiquí e moitas as que deixan.
Desexámoslles que teñan moita sorte pois esprito pra triunfar non lles falta.
Дори винаги Добра съдба ЕМИЛОВ.
Os vosos amigos de Vilalba

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Bruno!!!
jaja...
:D

Anónimo dixo...

oa
;)