martes, 2 de marzo de 2010

Jose Cuba 1º e Jose Luis Puentes 3º no Campionato de España Senior de Loitas Olímpicas

Importantísima actuación dos vilalbeses no Campioanato de España Senior que tivo lugar esta fin de semana en Barcelona e no que contribuíron notablemente ao 1º posto acadado por Galicia na clasificación por autonomías.
Temos que destacar o bronce de Jose Luis Puentes en menos de 84 kg que con tan só 21 anos consigue subirse ao podio da categoría absoluta dando constancia dun futuro prometedor, así o expresou o actual seleccionador Vicente Cáceres que desexa contar co xove vilalbés de cara a participar coa selección española nalgunhas citas internacionais.
O outro loitador de Vilalba foi Jose Cuba en menos de 120 kg que obtivo o único Ouro para a delegación galega e suma así 9 titulos de Campión de España Senior, achegándose ao record que ostenta o tamén vilalbés Nicolás Castro que precisamente foi homenaxeado polo Presidente da federación española D.Ángel López Rojo tralo recente anuncio da súa retirada.
Outros deportistas galegos tamén subiron ao podio destacando o 3º posto de Miguel Caramés en menos de 55 kg, a prata de Eliseo Permuy en menos de 60 kg ou o bronce de Luis Garnil en menos de 74 kg, todos eles do Club de Loita Keltoi que xunto co Club de Loita Vilalba conseguiron meterse entre os 8 primeiros clubes de España
Dende o Club de Loita Vilalba comezamos xa a preparar a participación de José Cuba no próximo torneo internacional de Lanarka (Chipre) preparatorio para o Europeo que terá lugar a mediados de Abril en Bakú (Azerbaijan), e no que é posible que tamén participe Jose Luís Puentes.
Noraboa a todos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pringao!

O Jorje da Chousa

Anónimo dixo...

Estás muy fodido de la cadeza.
Pringao tu, tio.

El IKO.