domingo, 21 de decembro de 2025

KEVIN CUBA GAÑA O TORNEO DE NAVIDAD SAN BLAS DE MADRID

Este sábado disputouse o tradicional Torneo de Navidad de San Blas en Madrid coa presenza dalgúns dos mellores loitadores nacionais.  

O noso deportista Kevin Cuba desprazouse á capital xunto aos compañeiros do Club de Loita Lugo Bruno Pintos e Marco Rodríguez.

Kevin acaba a tempada subindo ao máis alto do podio acadando o Ouro en menos de 97 kg absoluto mentres que Bruno e Marco lograron sendas pratas despois de varios enfrontamentos.

Con esta actividade damos por finalizada a tempada 2025 aínda que continuaremos cos adestramentos de Nadal para os deportistas que competirán no 2026.

luns, 1 de decembro de 2025

SARA MARTÍNEZ E BRUNO PINTOS BRONCE NA COPA INTERNACIONAL MAIDER UNDA

Este sábado tivo lugar na localidade vasca de Barakaldo a importante competición internacional que reuníu centos de loitadores de diferentes países. 

O equipo galego na categoría U13 contou coa presenza dos vialalbeses Sara Martínez  menos de 45 kg e Bruno Pintos do Club de loita Lugo na categoría masculina en menos de 55 kg. Ambos deportistas subiron ao podio gañando sendos bronces despois de gañar varios combates.

Os deportistas estiveron dirixidos por Pablo Pintos, técnico do Club de Loita Lugo que tamén desprazou a terras do País Vasco a varios loitadores do club da capital lucense.

A próxima cita para os nosos deportistas será o Torne
o Internacional de Burlada en Navarra.