Onte celebrouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev e ate a cidade do Lérez desprazámonos con 3 das nosas novas promesas Kevin Cuba, Jairo Mosteiro na categoría U17 e Xiao Seoane na categoría sénior.
Kevin acadou o ouro en menos de 110 kg mentres que Jairo acadou unha meritoria prata en 65 kg. Pola súa banda, Xiao tamén acadou a prata en 65 kg.
Estes torneos son importantes no inicio da tempada para a formación dos nosos deportistas que aspiran a participar no 2025 nos campionatos de España das súas categorías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario