mércores, 13 de novembro de 2024

FINALIZAMOS AS ACTIVIDADES DO PLAN CORRESPONSABLES


 Esta semana finalizamos as xornadas deportivas do Plan Corresponables que permitiron que máis de de 60 nenas e nenos entre os 6 e os 16 anos coñecesen este deporte entre os meses de xullo e novembro.

Unha boa iniciativa que axuda a dar visibilidade ás actividades deportivas como alternativa de ocio para a mocidade.

domingo, 10 de novembro de 2024

II MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV



 Onte celebrouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev e ate a cidade do Lérez desprazámonos con 3 das nosas novas promesas Kevin Cuba, Jairo Mosteiro na categoría U17 e Xiao Seoane na categoría sénior.

Kevin acadou o ouro en menos de 110 kg mentres que Jairo acadou unha meritoria prata en 65 kg. Pola súa banda,  Xiao tamén acadou a prata en 65 kg.

Estes torneos son importantes no inicio da tempada para a formación dos nosos deportistas que aspiran a participar no 2025 nos campionatos de España das súas categorías.