domingo, 17 de marzo de 2024

OUROS VILALBESES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA U13 e U17


Este sábado tiveron lugar os Campionatos de España de loitas olímpicas das categorías U13 e U17 no Palacio dos Deportes de León nos que tivemos unha nutrida representación vilalbesa.

En U13 temos que destacar os ouros de Jimena García en menos de 60 kg e Enrique Seoane en menos de 65 kg, mentres que Héctor Somoza acadou un meritorio 5º posto en menos de 50 kg.

En U17 foi Kevin Cuba o que se fixo co ouro en menos de 92 kg acadando por segunda vez o título de Campión de España.

O noso club foi o que máis Campións de España aportou para a Selección Galega que se fixo co segundo título por comunidades autónomas.

Ademais dos vilalbeses tamén temos que destacar os resultados acadados polos loitadores do Club de Loita Lugo, destacando os bronces de Clara Carromacho en U17 e Ana López en U23 e o 7º posto de Bruno Pintos en menos de 45 kg U13.

A semana que ven Kevin Cuba voltará a loitar nos Campionatos de España da categoría U20.

Ningún comentario: