domingo, 27 de maio de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA OURO NO TORNEO INTERNACIONAL DE SASSARI

O noso deportistas Carlos Yobani García ven de acadar o Ouro no Torneo Internacional Citta de Sassari que se disputou esta fin de semana na cidade Italiana. Carlos, que loitaba na categoría júnior en menos de 65 kg, alzouse co primeiro posto tras superar aos canadienses Kantin Natael e Neice Connor e aos españois Jose Javier Andújar e Carlos Gual.
Con esta victoria, a única en júnior masculina para o equipo español, Carlos achégase á participación do Campionato de Europa júnior que terá lugar en Roma a finais de xullo e que esta mesma semana comezará a preparar en Vilalba.
O outro vilalbés convocado para esta cita era José Cuba, pero non puido participar debido a unha lesión no xeonllo sufrida nos pasados Campioantos de Europa celebrados en Kaspiysk (Rusia). O vilalbés decidiu non participar en Italia co obxectivo de recuperarse de cara aos Xogos do Mediterráneo de Tarragona, cita á que tampouco poderá acudir debido á comunicación de última hora de que a organización eliminaba varias categorías da competición, sendo a de libre masculina menos de 125 kg unha delas. Agora Cuba terá máis tempo para recuperarse e preparar a próxima gran cita, o Gran Premio de España, competición na que terá que acadar presea si quere ter opcións de ser clasificado para o mundial.
Noraboa  a Carlos polo bo traballo feito e moito ánimo aos dous para continuar nesta liña!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: