domingo, 13 de abril de 2014

RAMÓN MONASTERIO ACADA O BRONCE EN RUMANÍA

O vilalbés Ramón Monasterio ven de acadar o seu primeiro éxito internacional ao acadar o bronce no torneo internacional Gheroghe Berceanu & Vasile Iorga que se celebrou esta fin de semana en Bucarest. Ramón que disputou a categoría de menos de 100 kg cadete estivo a piques de clasificarse para a final ao empatar co representante húngaro, pero a falla de experiencia nestas citas beneficiou ao húngaro que rematou nun segundo posto.
O combinado español estivo composto por outros galegos dos que destacamos a Noelia Lalín do Keltoi de Vila de Cruces que acadou a prata na categoría júnior menos de 72 kg e Lidia Pérez do Pontevedra que tamén trouxo un bronce en cadete menos de 60kg.
Outros galegos como Nicolás López (Lugo), Bruno Agra e Xandre Freire (Ayude de Melide) ou Omar Martínez (Sabarís) non lograron subir ao podio a pesares da so seu bo traballo tal e como nos indicou o seleccionador desprazado, o tamén vilalbés Nicolás Castro.
Agora todos eles permanecerán concentrados ata o próximo día 17 na capital romaní para adestrar cos equipos nacionais de potencias como Bulgaría, Hungría ou a propia Rumanía.
Sorte a todos!!

Ningún comentario: