martes, 28 de xaneiro de 2014

ERRO NAS ELIMINATORIAS DO CAMPIONATO GALEGO

Debido a un erro na clasificación das roldas dos enfrontamentos do campionato galego escolar de loitas olímpicas, Roberto Díaz Orosa aparece na clasificación como segundo clasificado. Repetimos que isto é un erro cometido pola organización, e que a pesar de que os erros son normais temos que lembrar que Roberto non perdeu ningún enfrontamento, que dende a federación fixéronnos saber que lle farían chegar a medalla de campión e que polo tanto está directamente clasificado para os próximos campionatos de España escolar en Madrid onde tentará revalidar o título de campión de España que xa obtivera o ano pasado en Murcia.
Publicamos esta nova porque dende o clube enviamos aos medios e administracións o primeiro posto deste deportista, dato que non concorda cos resultados oficiais publicados dende a federación galega. Esta información que aquí publicamos podedes confirmala directamente na Federación Galega de Loita.

Ningún comentario: