luns, 13 de maio de 2013

3º POSTO PARA A SELECIÓN GALEGA E ÉXITO DOS VILALBESES NA COPA DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Podio de máis de 90 kg con Cuba (1º) e Miragaya (3º)
De novo o bo traballo dos loitadores vilalbeses foi decisivo para un novo éxito da selección galega que este fin de semana viaxou a Madrid para disputar a Copa de España e o Campionato de España Universitario de loitas olímpicas, e que dos cinco vilalbeses que viaxaron co combinado galego trouxeron para as súa repectiva presea, algúns incluso por partida doble.
A Copa de España nace como unha das probas máis esixentes a nivel do estado ao poder participar todos os deportistas residentes en España sen necesidade de ter a nacionalidade, o que supón unha grande oportunidade para os nosos deportistas de medirse con loitadores, a maioría das veces, dun nivel superior. Pero a presenza de loitadores das potencias do leste non foi suficiente para arrebatar o trono da máxima categoría ao vilalbés José Cuba que trouxo de Madrid o ouro en máis de 90 kg (unión das clásicas categorías de menos de 96 kg e menos de 120 kg). Cuba gañou todos os seus combates por superioridade técnica agás o seu enfrontamento co tamén vilalbés Marcos Miragaya que rematou nun terceiro posto na súa volta á competición estatal.
O ouro de Cuba foi o único primeiro posto do equipo galego na Copa de España, pero houbo outros éxitos que non podemos deixar de destacar como o bronce de Jose Luís Puentes en menos de 90kg e como non, a prata de Catriel Pehuén Muriel na modalidade de Grecorromana menos de 120 kg.  Este último merece unha especial atención, pois con tan so dous anos de práctica esta éra a súa primeira grande cita nun evento deste nivel.
Pero os éxitos dos vilalbeses non rematan aquí, pois moitos deles decidiron repetir sesión de competición participando nos Campionatos de España Universitarios que aportaron para a nosa vila dous ouros, os de Jose Luís Puentes en menos de 90 kg e Marcos Miragaya en máis de 90 kg, e unha prata de Marcos Carral en menos de 62 kg.
VER FOTOS

1 comentario:

Unknown dixo...

Noraboa a todos!!!