domingo, 20 de xaneiro de 2013

VILALBA SUBE AO PODIO NO CAMPIONATO GALEGO DE LOITAS OLÍMPICAS

Pontevedra acolleu este fin de semana os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e senior onde os equipos lucenses tiveron unha importante actuación. Vilalba subiu ao podio na clasificación por equipos en tódalas categorías acadando na modalidade de grecorromana o primeiro posto en cadete e o  segundo posto na categoría senior, mentras que na modalidade de libre olímpica acadouse o segundo posto na categoría cadete e o terceiro na categoría sénior.
Destacar tamén o terceiro posto por equipos dos compañeiros do club Rábade en grecorromana categoría cadete, histórico podio o acadado polo compañeiros rabadenses entre os que destacan o segundo posto de Angel Campo Andón en menos de 85 kg e o bronce de Cristian Pumares Varela. Na categoría senior os rabadenses tamén obtiveron varias preseas na clasificación individual como os bronces de David Grandío Piñeiro en menos de 84 kg e de Martín Vázquez Diéguez en menos de 96 kg.
A nivel individual Vilalba acadou medallas na maioría das categorías. Na categoría cadete menos de 42 kg Roberto Díaz Orosa obtivo a prata en libre olímpica e o ouro en grecorromana, mentras que Ramón Monasterio Portela acadou o ouro en menos de 85 kg tanto en libre olímpica como en grecorromana.
En canto aos nosos senior destacar as pratas de Marcos Carral Suárez en menos de 60 kg tanto en libre olímpica e grecorromana, os Ouros de Jose Luís Puentes en ambas modalidades en menos de 84 kg, o bronce de Marcos Miragaya en libre olímpica en menos de 96 kg. A máxima categoría estivo dominada polos lucenses, así na modalidade de libre olímpica impúxose o loitador vilalbés Catriel Pehuén Muriel que alcanzou o ouro trala ausencia do tamén vilalbés Jose Cuba por lesión e ao impoñerse ao lucense Nicolás López Gredilla do club Lugo que rematou en 2º posto que ao mesmo tempo se impuxo ao vilalbés Francisco Monasterio que se conformou co bronce. Na modalidade de greco e seguindo coa máxima categoría, foron de novo os lucenses os claros dominadores onde Francisco Monasterio (Vilalba) fíxose co ouro, Nicolás López (Lugo) coa prata e Catriel Pehuen (Vilalba) co bronce.
Moitos destes deportistas serán seleccionados para participar nos próximos campionatos de España que terán lugar a finais de Febreiro en San Javier (Murcia) onde agardamos que a provincia de Lugo se convirta en peza fundamental para que o equipo galego acade os primeiros postos por seleccións, moi de cerca seguriremos as actuacións dos vilalbeses José Cuba e Jose Luís Puentes sen olvidarnos das novas promesas como Nicolás López , Francisco e Ramón Monasterio.
VER FOTOS DA ACTIVIDADE

Ningún comentario: