luns, 7 de maio de 2012

VILALBA NON TERÁ UN DEPORTISTA NOS XOGOS DE LONDRES 2012

Tras pasar a primeira eliminatoria con facilidade os soños de Cuba de estar nos Xogos de Londres 2012 esfumáronse no combate ante un descoñecido Digovich. Todo parecía estar a favor do vilalbés que comezou dominando no que semellaba un combate doado, pero houbo algo que lle deu a volta á situación favorecendo ao sudafricano e levándoo a unha victoria que se lle presentaba pouco probable ao inicio do enfrontamento.
Tentaremos agora estudar que foi ese algo, ese factor que fixo que o noso deportista, que críamos preparado, non soubese ou poidese chegar a onde debería e merecía que non é outro sitio que os Xogos Olímpicos.
Levo visto o combate unhas 20 veces e en cada unha delas só vexo traballo que non fxemos e cousas que como adestrador non souben prever. Centreime tanto nos adversarios a superar que esquencinme daqueles que crin non revestían perigo para o noso deportista, e isto foi unha equivocación que se materializou en erros infantís sobre o tapiz, erros que lle regalaron o combate a un adversario descoñecido e deixaron a Cuba fora da competición para a que levaba traballando tanto tempo.
Dende logo un combate pra non esquecer e que seguirei vendo ata que teña unha resposta.  Polo de agora só me queda valorar o meu papel nesta entidade e estudar un proxecto de futuro que probáblemente inclúa a novas persoas cunha visión renovada.
IVAN CASTRO

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Cando non se acadan os resultados está ben buscar solucións e formas de mellorar pero nada máis. Os que sabemos o que traballastes, como vos esforzastes e como nos demostrartes que se pode chegar máis lonxe do que ninguén dos que practicamos este deporte soñamos, sabemos que o único que merecedes son unhas vacacións e un gracias por facer máis grande este deporte.

Anónimo dixo...

Non se pode ter unha vision resultadista do deporte, xa que o que verdadeiramente debemos avaliar é o proceso!
E coñecendo o deporte sempre se premia o traballo, aínda que non sexa cando nos o esperamos!