venres, 15 de abril de 2011

HOXE CUMPRE: JOSE CUBA

Onte Marcos e hoxe Cuba, parece que as grandes persoas veñen ao mundo nas mesmas datas. Quizais o mellor loitador galego de todos os tempos Cuba coñécese por levar o nome desta vila por bandeira, alá onde vaia todos saben de onde ven.
Hai anos ofrecéronlle mellores condicións económicas e de adestramento para irse a adestrar fora e rexeitou a oferta alegando que aquí tamén se poden facer bos loitadores, e él é o mellor do exemplos. É o loitador galego que máis podios acadou en torneos internacionais, obtivo o número 1 do ranking nacional no 2009 por ser o loitador español que máis combates gañou na tempada, tamén é o loitador galego que máis alto chegou no ranking internacional da FILA, se a iso sumamos os 10 campionatos de España e que é único loitador galego coa beca ADO  non cabe dúbida de que falamos dun dos grandes deportistas galegos.
Naceu en Berna (Suiza) hai 30 anos, e co retorno da familia á terra cando aínda era noviño comezou a súa andaina polos diferentes deportes do noso concello. Fútbol, taekwondo e gaita foron algunhas das actividades que probou antes de coñecer a loita aos 18 anos.
Atópase no mellor momento da súa carreira deportiva e sábese coñecedor da influenza que exerce sobre os xóvenes talentos que veñen dende abaixo e que o teñen a él como referencia, agasallándoos cada día cunha leción de sacrificio, disciplina, compañeirismo e humildade.
Hoxe centra a súa vida nos adestramentos e a competición coa mira posta nos Xogos Olímpicos  de Londres sen deixar de lado o seu futuro profesional unha vez rematada a vida deportiva, pois está a preparar os exames de aceso aos corpos de policia local.
MOITA SORTE E PARABÉNS DE PARTE DE TODOS CAMPIÓN!


.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moitas grazas por tantas e tan boas palabras,non sei si son merecedor delas,pero de todos xeitos sintome orgulloso de todo o que estamos a facer e creo que o mais importante esta por vircuba

Anónimo dixo...

Felicidades!
Espero que a xente saiba valorar o esforzo que estás a facer por este deporte e pola túa terra en xeral. É unha magoa que este deporte e os deportistas que o practican non sexan sempre recoñecisos como debería, de tódolos xeitos, creme que podes estar moi satisfeito e seguro de ser o máis grande.
outra vez felicidades.