mércores, 12 de xaneiro de 2011

JOSE LUIS OLAZABAL REELEXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA POR MAIORÍA ABSOLUTA


Nota da FGLeDA:
Don Jose Luis Olazabal reelexido como presidente da Federación Galega de Loita e D.A. para o próximo ciclo de catro anos. Esta reelección do actual cargo de presidente da Federación amosase como un novo pulo en tódalas areas da estrutura Federativa. “Despois de un ciclo de 4 anos nos que as loitas olímpicas sufriron un rexurdimento global, agora toca un período de mellora específica dentro de cada órgano federativo” afirma o Presidente.
“Neste ano que comeza existen 3 prioridades: O eido económico, dada a delicada situación económica que atravesamos, o que pode hipotecar tódolos proxectos que temos abertos; O eido deportivo co ano de clasificación olímpica que imos a vivir, tendo a dous deportistas ben situados a nivel internacional; e o deporte de base intentando manternos como o deporte con mais actividades deportivo-formativas a nivel educativo de Galiza”, afirma Jose Luis Olazabal.
Grazas a esta nova etapa que comeza, existe a posibilidade de materializar os distintos acordos de colaboración coa AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), a Universidade de Novo León (México), cos centros de tecnificación e de alto rendemento de Mahaskalá (Dagestán) e Bakú (Azerbaiján), así como co Centro de Preparación Olímpica de Colorado Spring (EEUU). A proxección internacional dos deportistas Galegos, garante o prestixio que tratamos de afianzar dende o traballo diario na Federación.
Estreando cargo e calendario deportivo, a Federación Galega de Loita e D.A. bótase a andar nesta nova tempada cargada de actividades e obxectivos renovados, os mais inmediatos o viaxe de 2 deportistas, Jose Cuba e Jose Luis Puentes, a concentración internacional de Bakú (Azerbaiján) e de seguido o torneo internacional Ivan Iariguin (Siberia, Rusia), clasificatorio para a Copa do Mundo de Loitas Olímpicas.









Ningún comentario: