venres, 3 de decembro de 2010

O EQUIPO DO CLUB DE LOITA VILALBA NA LIGA NACIONAL DE DIVISIÓN DE HONRA

Na madrugada de hoxe os loitadores do club Vilalba saíron cara Granada, onde disputarán a Liga Nacional de División de Honra de Loitas Olímpicas entre os 6 mellores clubs do estado.
Vilalba enfrontarase no seu grupo ao equipo de Maracena-Granada e ao Quart de Poblet. O mellor deste grupo pasará ás seminifinais onde se atopará co mellor de entre o San Adriá de Barcelona, o Centro de Alto Rendemento de Murcia e o Milu de Sevilla.
O equipo de Vilalba viaxa con importantes baixas debido as lesíóns de última hora nalgúns dos seus deportistas, así Mihail Emilov e José Francisco Bermúdez "Iko" non viaxarán a Granada deixándonos sen representación na categoría de menos de 62 kg tanto en Libre Olímpica como en Grecorromana e en menos de 74 kg en Libre Olímpica.
O diagnóstico das lesión coñecímolo esta mesma semana estando xa fora do prazo para poder inscribir dous loitadores de reserva, o que nos deixa sen marxe para o erro nas diferentes disputas ao partires en cada enfrontamento coas 3 derrotas das categorías nas que nos quedamos sen representación ( menos de 62kg LO e GR e menos de 74 LO).
Cada enfrontamento constará de 10 combates (5 de LO e 5 de Grecorromana) e durante a competición poderase disfrutar da actuación dos mellores loitadores que se atopan no estado, con grande representación de loitadores estranxeiros de moitísimo nivel.
Para completar a modalidade de Grecorromana contamos coa axuda de dous novísimos deportistas; Pablo García do Saudade de Vigo e Alejandro Silva do Santa Uxía, sendo o equipo máis pequeno e o que menos reforzos e fichaxes presenta de todo o campionato. Os nosos deportistas terán que superar a equipos de ata 20 loitadores nos que destacan rusos, armenios, georgianos, búlgaros e iranies. Dende logo, unha boa oportunidade para facer algo grande.
Será mañá Sábado ás 9 da mañá no Pavillón do Polígono de Juncaril en Albolote (Granada) e retransmitirase pola televisión de Andalucía.
Sorte a todos.

Ningún comentario: