Dende o 3 ao 8 de Agosto terá lugar en Sarajevo os Campionatos de Europa de Loitas Olímpicas da categoría Cadete. Alí, a viguesa Nerea Vila do Club San Ignacio fará historia ao ser a primeira galega que participará nuns continentais de loitas olímipicas. O fará na categoría de menos de 56 kg e estará acompañada da andaluza Marina Rueda en menos de 52 kg.
A selección española conta tamén con representantes na modalidade de libre olímpica (Daniel Rama en menos de 69kg e Adrián Gómez en menos de 76 kg) e grecorrmana (José De Unzuela en menos de 63 kg).
O adestrador de Nerea no CGTD de Pontevedra, Alexander Katchalaev, atópase moi optimista coa participación da galega salvando a dificultade que supón a primeira participación nun continental.
Podedes seguir case que en directo a competición nos seguintes enlaces:
www.hrvackisavez.ba/ecwc2010/
www.fila-wrestling.com/
PROGRAMA DO CAMPIONATO
Desexámoslles moita sorte a todos.
1 comentario:
GAbi!!!
Publicar un comentario