domingo, 21 de decembro de 2025

KEVIN CUBA GAÑA O TORNEO DE NAVIDAD SAN BLAS DE MADRID

Este sábado disputouse o tradicional Torneo de Navidad de San Blas en Madrid coa presenza dalgúns dos mellores loitadores nacionais.  

O noso deportista Kevin Cuba desprazouse á capital xunto aos compañeiros do Club de Loita Lugo Bruno Pintos e Marco Rodríguez.

Kevin acaba a tempada subindo ao máis alto do podio acadando o Ouro en menos de 97 kg absoluto mentres que Bruno e Marco lograron sendas pratas despois de varios enfrontamentos.

Con esta actividade damos por finalizada a tempada 2025 aínda que continuaremos cos adestramentos de Nadal para os deportistas que competirán no 2026.

luns, 1 de decembro de 2025

SARA MARTÍNEZ E BRUNO PINTOS BRONCE NA COPA INTERNACIONAL MAIDER UNDA

Este sábado tivo lugar na localidade vasca de Barakaldo a importante competición internacional que reuníu centos de loitadores de diferentes países. 

O equipo galego na categoría U13 contou coa presenza dos vialalbeses Sara Martínez  menos de 45 kg e Bruno Pintos do Club de loita Lugo na categoría masculina en menos de 55 kg. Ambos deportistas subiron ao podio gañando sendos bronces despois de gañar varios combates.

Os deportistas estiveron dirixidos por Pablo Pintos, técnico do Club de Loita Lugo que tamén desprazou a terras do País Vasco a varios loitadores do club da capital lucense.

A próxima cita para os nosos deportistas será o Torne
o Internacional de Burlada en Navarra.

luns, 24 de novembro de 2025

JOSE CUBA SUBCAMPION DE EUROPA DE LOITA

O noso deportista José Cuba acaba de proclamarse subcampión de Europa nos Campionatos de Europa para policías que estase a celebrar en Zagreb.

O vilalbés que viaxou como parte da delegación policial española venceu todos os seus enfrontamentos ate a final na que caeu ante o representante polaco.

Aos seus 44 anos Cuba segue activo competindo e obtendo resultados en competicións de nivel internacional e este subcampionato de Europa non deixa de ser outro mericidísimo éxito deste deportista inagotable.

luns, 10 de novembro de 2025

Ouro, Prata e Bronce no III Memorial Alexander Katchelaev

Esta fin de semana participamos no III Memorial Alexander Katchelaev que se celebrou na localidade pontevedresa de Sanxenxo na que o mítico adestrador soviético viviu durante a súa etapa en Galicia.

O noso equipo estivo formado por Adniel Montes en menos de 92 kg e Andi Maceiras en 80 kg na categoría U17, na que  o primeiro acadou a prata mentres que Andi rematou en 7º lugar.

Na categoría U23 contamos con Kevin Cuba que acadou o Ouro en menos de 97kg e Xiao Seoane que tamén subiu ao podio cun bronce en menos de 74 kg.

Este torneo abre a pretempada de competicións preparatorias para o 2026  na que agardamos mellorar os resusltados deste 2025.

domingo, 26 de outubro de 2025

4 PODIOS NO TORNEO VILLA DE MADRID

Esta fin de semana tivo lugar en Madrid o popular torneo Villa de Madrid con máis de 400 loitadores de varias categorías e a selección galega contou coa participación de 5 deportistas de Vilalba.

Na categoría U15 participaron Jimena García, que acadou a prata, e Héctor Somoza e Enrique Seoane, ambos con sendos bronces.

En U13 representáronnos Sara Martínez, que tamén subiu ao podio cun bronce, e Alejandra Valle que acadou o 4º posto da súa categoría.

O noso equipo contou coa axuda do técnico Catriel Pehuén que se desprazou a Madrid co combinado galego.