luns, 24 de novembro de 2025

JOSE CUBA SUBCAMPION DE EUROPA DE LOITA

O noso deportista José Cuba acaba de proclamarse subcampión de Europa nos Campionatos de Europa para policías que estase a celebrar en Zagreb.

O vilalbés que viaxou como parte da delegación policial española venceu todos os seus enfrontamentos ate a final na que caeu ante o representante polaco.

Aos seus 44 anos Cuba segue activo competindo e obtendo resultados en competicións de nivel internacional e este subcampionato de Europa non deixa de ser outro mericidísimo éxito deste deportista inagotable.

luns, 10 de novembro de 2025

Ouro, Prata e Bronce no III Memorial Alexander Katchelaev

Esta fin de semana participamos no III Memorial Alexander Katchelaev que se celebrou na localidade pontevedresa de Sanxenxo na que o mítico adestrador soviético viviu durante a súa etapa en Galicia.

O noso equipo estivo formado por Adniel Montes en menos de 92 kg e Andi Maceiras en 80 kg na categoría U17, na que  o primeiro acadou a prata mentres que Andi rematou en 7º lugar.

Na categoría U23 contamos con Kevin Cuba que acadou o Ouro en menos de 97kg e Xiao Seoane que tamén subiu ao podio cun bronce en menos de 74 kg.

Este torneo abre a pretempada de competicións preparatorias para o 2026  na que agardamos mellorar os resusltados deste 2025.