luns, 15 de setembro de 2025

O CAMPIÓN PANAMEÑO ANGEL CORTES ADESTRANDO EN VILALBA

O Campión panameño e medallista centroamericano Angel Cortés estivo dúas semanas adestrando en Vilalba antes de viaxar á concentración programada en Daguestán.

Angel chegou a Vilalba da man do seu preparador, Catriel Pehuén, que ten o club vilalbés como centro de concentración de varios dos deportistas americanos cos que traballa.

Este ano e durante toda a  tempada 2026 agardamos a presenza de varios loitadores rusos e americanos que recalarán no noso NADE de Vilalba para completar a súa preparación de cara ás citas internacionais.

SEGUIMOS CO PLAN CORRESPONSABLES

 

Seguimos coas Xornadas de Portas Abertas durante este mes de setembro dentro Plan Corresponsables.

Todos os nenos e as nenas de entre 6 e 16 anos podedes participar e coñecer as nosas clases.

So tedes que darvos de alta en :

Deporte Corresponsable - Rexistrar nai/pai/titor/representante

e despois seleccionar a actividade de Loita Vilalba no grupo que corresponda ao voso filla ou a vosa filla.