luns, 28 de abril de 2025

KEVIN CUBA ACADA DÚAS MEDALLAS NO TORNEO INTERNACIONAL DE JÓVENES PROMESAS

Esta fin de semana tivo lugar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas no que se congregan deportistas de varios países para competir en diferentes categorías de idade.

O evento tivo lugar en La Nucia (Alicante) e congregou a centos de deportistas de 17 países de Europa, Asía e América.

O sábado tivo lugar a categoría U23 na que o vilalbés Kevin Cuba acadou o bronce por detrás do representante de Canadá (1º) e de Aimar Alzón, actual do actual Campión de España da categoría e que acadou a prata.

O domingo Kevin competiu en U20 obtendo a prata tras perder a final ante o representante de Turkmenistán.

O vilalbés permanecerá en Murcia adestrando nunha concentración internacional na que participarán deportistas de 8 países.

OS NOSOS U13 CONCENTRADOS COA SELECCIÓN GALEGA

 

Este sábado tivo lugar no CGTD de Pontevedra a concentración previa aos Campionatos de España U13 que terán lugar en Madrid. En Pontevedra estiveron convocados os membros do equipo galego que viaxarán o próximo 10 de maio á capital do Estado, e entre eles se atopaban varios dos nosos deportistas que gañaron a súa praza nos pasados Campionatos Galegos da categoría. 

Alejandra Valle, Sara Martínez, Noela González Carreira e Alonso Maceira, xunto a Bruno Pintos, serán os vilalbeses que representarán a Galicia nos Campionatos de España.

domingo, 6 de abril de 2025

2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE

 

Este sábado tivo lugar en Melide a Xornada Norte da Liga de Deporte de Base na que nos clasificamos en 2º posto tras o Keltoi de Vila de Cruces.

Os noso equipo estivo composto por máis de 30 deportistas e con este segundo posto clasfícase para a Xornada Final que terá lugar o 26 de maio en A Estrada.

Varios destes deportistas tamén competirán no Campionato de España U13 que terá lugar en Madrid o próximo 10 de maio. En concreto viaxarán á capital do Estado Alonso Maceira, Sara Martínez, Noela González e Alejandra Valle.