domingo, 30 de marzo de 2025

CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15 E U23

Esta fin de semana estivemos en Cartagena para disputar os Campionatos de España das categorías U15, U17 e U23 e nos que tivemos representación vilalbesa en varias categorías.

O sábado pola maña loitaron os U15 e entre os varios podios galegos destacamos as pratas vilalbesas de Jimena García e Enrique Seoane. Na mesma categoría, Héctor Somoza e Bruno Pintos , este último do Club Lugo, acadaron  no 5º posto e Alejandra Valle  no posto 12.

O domingo foi o turno dos U23 nos que Kevin Cuba acadou o bronce mentres que Xiao Seoane finalizou 5º.

A nosa próxima cita os protagonistas serán categorías de base  na Liga de Deporte Base que terá lugar o 5 de abril en Melide.

luns, 17 de marzo de 2025

KEVIN CUBA SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA U20

 Kevin Cuba acadou a prata nos Campionatos de España en menos de 97 kg na categoría U20 que se celebrou esta fin de semana no Palacio de Deportes de Gijón.

O vilalbés gañou os seus primeiros 4 combates con superioridade perdendo na final ante o outro representante galego, Iago Fernández do Pontevedra, nun axustado combate.

Xiao Seoane tamén participou no campionato conformándose cun 11º posto na categoría de menos de 70 kg.

A próxima cita para os nosos deportistas será o Campionao de España das categorías U15 o 29 de marzo en Cartagena, antes poderán participar na concentración autonómica da categoría que terá lugar no CGTD de Pontevedra o próximo fin de semana.

mércores, 12 de marzo de 2025

CONCENTRACIÓN U20 NO CGTD DE PONTEVEDRA


Este sábado os nosos deportistas Xiao Seoane e Kevin Cuba participaron na concentración previa preparatoria para os Campionatos de España U20 que terán lugar o próximo sabado día 20 en Gijón. Os vilalbeses estiveron acompañados do noso técnico Catriel Pehuén e do resto do equipo técnico da selección galega.

Gijón acollerá o primeiro campionato de España da tempada e Vilalba contará coa representación destes dous deportistas.