Pola súa banda Xiao Seoane e Jairo Mosterio conformáronse co 4º e 7º postos respectivamente.

sábado, 18 de maio de 2024
VARIOS VILALBESES NO VILLA DE GIJÓN
domingo, 12 de maio de 2024
CUBA NON LOGRA A CLASIFICACIÓN OLÍMPICA EN ESTAMBUL
O noso deportista máis internacional non logrou clasificarse no Preolímpico Muncial de Estambul esta fin de semana ao caer ante o medallista europeo e mundial o polaco Robert Baran.
Cuba acudía á capital turca como derradeira oportunidade para poder estar nos Xogos de Paris 2024 despois dunha tempada de incertidume polas molestias e lesións recurrentes.
A pesares de ser o seu cuarto ciclo olímpico, o vialalbés afrontaba o desafío coa ilusión e nervos dun novato pero as molestias nun xeonllo e a dificultade dun primeiro rival no seu mellor momento alonxaron ao noso deportista de culminar a súa magnífica carreira deportiva co sabor duns Xogos Olímpicos.
Cuba agora comezará un proceso de recuperación tralo cal decidirá si se mantén activo e retoma as competicións de cara ao 2025.
mércores, 8 de maio de 2024
1º POSTO POR EQUIPOS EN LIBRE OLÍMPICA
Esta fin de semana disputouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra o Campionato Galego Sénior de loitas olímpicas ao que acudimos con 5 loitadores na modalidade de Libre Olímpica.
En menos de 125 kg Catriel Pehuén acadou o ouro sen moita oposición dos rivais, igual que Ramón Monasterio en menos de 97 kg. Ramón venceu nesta categoría ao tamén vilalbés Kevin Cuba que acadou a prata.
En menos de 74 kg Carlos Yobani tamén gañou a prata despois de 4 anos de parón deportivo. A terceira prata a conseguiu Xiao Seoane en menos de 65 kg.
Varios destes loitadores comezarán a preparar agora os próximos campionatos de España que terán lugar en Pontevedra o próximo mes de xuño.
Por equipos o noso club acadou o primeiro posto na modalidade de libre olímpica e un meritorio 3º posto na clasificación xeral na que se suman os puntos acadados en libre olímpica, grecorromana e libre feminina.