
Na categoría sénior temos que destacar os seguintes resultados:
- Roberto Díaz Orosa, ouro en libre olímpica menos de 65 kg e grecorromana menos de 67 kg.
- Adrián Imedio, ouro en libre olímpica en menos de 57 kg e en grecorromana en menos de 60 kg.
- José Cuba Vázquez, ouros en libre olímpica en menos de 125 kg e en grecorromana en menos de 130 kg.
- Jose Luis Puentes Seoane prata en libre olímpica en menos de 86 kg e ouro en grecorromana en menos de 87 kg.
- Javier Rouco Rego, ouros en libre olímpica en menos de 97 kg e en grecorromana en menos de 96 kg.
- Carlos Yobani García, ouro en libre olímpica en menos de 70 kg e bronce en grecorromana en menos de 72 kg.
- Pablo Chao Durán bronce en libre olímpica en menos de 74 kg e prata en grecorromana en menos de 77 kg.
- Francisco Monasterio Portela, prata en libre olímpica en menos de 125 kg e bronce en menos de 130 kg.
Na modalidade cadete destacar os ouros de Samuel García Miragaya en libre olímpica e grecorromana en menos de 51 kg e o as pratas de Rubén Fraga Cal en libre olímpica e grecorromana en menos de 70 kg.
Pola súa banda o Rábade tamén asinou unha magnífica actuación acadando o 3º posto por equipos na modalidade de libre feminina absoluta, e no cabe destacar os seguintes resultados:
- Laura Arias, ouro en menos de 57 libre feminina.
- Gergana Dimitrova, prata en menos de 68 kg libre feminina.
- Jonathan Pernas, bronces en libre olímpica menso de 74 kg e grecorromana menos de 77 kg.
- Martín Vázquez, ouro en libre olímpica en menos de 92 kg e prata en grecorromana en menos de 97 kg.
O Lugo como 3º club da provincia tamén tivo unha destacada actuación acadando o 3º posto por equipos na modalidade de grecorromana categoría absoluta. Destacaron por este club a prata de Nicolás López en grecorromana menos de 130 kg e a prata de Clemente Alves en menos de 65 kg.
Deste xeito, a nosa provincia terá unha ampla representación nos próximos campionatos de España que se celebrarán en Murcia o próximo 10 febreiro.