Remata a participación dos vilalbeses Carlos Yobanni García e Roberto Díaz Orosa no Campionato de Europa Cadete de Loitas Olímpicas clasificándose nos postos 28 e 21 respectivamente. Carlos en menos de 58 kg perdeu na rolda de clasificación por 7-0 ante o húngaro Zoltan Vilhem nunha categoría dominada polo ruso Ali Sheriev.
Roberto, que disputou a categoría de menos de 54 kg, caeu nun axustado combate ante o italiano Felici Matrullo por 6-3. Nesta categoría o ouro foi para o grego Georgios Pilidis.
O outro galego en Suecia, Rafael Álvarez tamén caeu en primeira rolda por superioridade técnica ante o armenio Davit Gevorvyan en menos de 69 kg.
Pero o grande éxito da loita española e galega veu da man da loita feminia. Por un lado a loitadora do Keltoi de Vila de Cruces Judit Varela en menos de 65 kg que acadou un histórico 7º posto para Galicia. A galega venceu en primeira rolda á estonia Marta Pajula, caeu en oitavos ante a húngara Emese Elekes que á postre dominou a categoría, o que lle deu a Judit a posibilidade de entrar na repesca polas medellas. Aquí a galega venceu no primeiro combate á turca Fredyie Askoy caéndo no pase á loita polo bronce ante a ucraniana Anastasiya Lavrenchuk.
O mellor resultado acadouno a andaluza Ana Torres cun bronce.
Os vilalbeses voltarán a Vilalba esta semana onde tomarán uns días de descanso ata o 17 de agosto, data na que comezaremos a pretempada e analizaremos os erros e posibles melloras de cara a próxima tempada. Tempada na que agora Roberto, Carlos e varios dos deportistas de Vilalba e Rábade acompañarán a Ramón Monasterio na categoría júnior. En cadete, destacar o segundo ano na categoría de Yago López que tentará repetir título de campión de España e desputar o europeo cadete con posibilidades dun bo resultado.
Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!