O noso deportista máis internacional acaba de chegar da rexión rusa de Osetia onde permaneceu adestrando durante preto dun mes con algún dos mellores loitadores do mundo. Cuba que viaxou a Rusia para preparar a súa participación no Final Golden Grand Prix de Bakú concentrouse co equipo de Osetia nunha pequena base deportiva nas alturas do Caucaso.
A concentración serviulle ao equipo osetio para preparar o campionato nacional ruso, onde acadou varios ouros e podios.
VER FOTOS

mércores, 20 de xullo de 2011
1º TORNEO DE LOITA TRADICIONAL GALEGA
Xa podedes disfrutar dalgunhas das fotos que nos enviaron do primeiro torneo de loita tradicional de Vilalba que tivo lugar o pasado Sábado día 9 durante a celebración da feira medieval.
Nesta primeira edición non fixemos un torneo típico pois dada a novidade preferimos comezar cun taller onde iniciar aos xóvenes participantes á modalidade tradicional.
A nosa intención é darlle continuidade a este evento e que se convirta nunha das citas de referencia do verán para os loitadores que desexen contribuir á recuperación da nosa loita.
VER FOTOS
Nesta primeira edición non fixemos un torneo típico pois dada a novidade preferimos comezar cun taller onde iniciar aos xóvenes participantes á modalidade tradicional.
A nosa intención é darlle continuidade a este evento e que se convirta nunha das citas de referencia do verán para os loitadores que desexen contribuir á recuperación da nosa loita.
VER FOTOS
sábado, 16 de xullo de 2011
JOSE CUBA NO FINAL GOLDEN GRAND PRIX DE ACERBAIJÁN
A pasada semana disputouse o Final Golden Grand Prix de loitas olímpicas en Bakú (Acerbaiján), fase final para a que se clasifican os deportistas que mellores resultados tiveron entre os máis prestixiosos torneos internacionais do mundo.
Por segundo ano consecutivo José Cuba foi capaz de acadar a praza que o levou a estar entre os mellores loitadores mundiais da súa categoría. O noso club en colaboración coa federación galega e a federación española, fixo un tremendo esforzo para que o vilalbés poidese acudir á imprescindible cita acerí.
Para preparar a gran final, Cuba permaneceu concentrado durante 25 días na república rusa de Osetia, onde adestrou co equipo rexional que preparaba o campionato nacional de Rusia o que lle deu a oportunidade de medirse con algúns dos mellores loitadores do momento e incluso da historia como o dúas veces campión olímpico Arthur Taymazov.
Deste xeito Cuba chegou a Bakú en plena forma deportiva, o que non lle serviu para pasar de semifinais ao caer ante o representante local e bronce no pasado europeo Magomedov Jamaladdin que o venceu en dous asaltos (3-0 , 2-0). O acerí rematou en 3ª posición deixando ao vilalbés sen posibilidade de repesca nunha categoría na que se impuxo o turco Akgul Taha que deu a sorpresa ao impoñerse na final ao seu compatriota e actual campión de Europa Fatih Cakiroglu.
Esta era a mellor das oportunidades de medir o nivel do loitador galego ante os mellores do mundo xusto antes da primeira proba clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Londres que terá lugar no mundial de Setembro. Dende o club xa estamos a deseñar a preparación de cara a esta cita co obxectivo de rematar entre os 6 primeiros, posto que lle daría a praza olímpica.
Antes da súa chegada a Vilalba, Cuba concentrarase en Madrid onde adestrará ata esta fin de semana cos equipos de Rumanía, Hungría e Canadá.
MAIS INFORMACIÓN NA PÁXINA OFICIAL: FILA-WRESTLING
Fotos dos adestramentos en Osetia
MAIS INFORMACIÓN NA PÁXINA OFICIAL: FILA-WRESTLING
Fotos dos adestramentos en Osetia
Jose Cuba vs Arthur Taymazov |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)