luns, 10 de setembro de 2018

CUBA PERDE ANTE O CANADIENSE DHESI NO OPEN DE POLONIA

O vilalbés José Cuba non tivo un bo día no Internacional Ziolkowski-Pytlasinski de Varsovia ao caer en primeira rolda ante o canadiense Amarveer Dhesi por superioridade técnica, e tras perder este ante  o polaco Kamil Kosciolec en cuartos de final deixou ao noso fóra da loita polas medallas.

Foi un torneo de primeiro nivel no que se acabou impoñendo na final o ruso Khizriev ao polacoa Baran, loitador que xa desputara unha axustada primeira rolda co vilalbés no pasado europeo de Kaskpisk.
Agora Cuba porá o seu obxectivo no mundial de loita praia que se celebrará nun mes na cidade turca de Sarigerme.

sábado, 4 de agosto de 2018

CARLOS PERDE O PASE AO BRONCE NO EUROPEO JÚNIOR

O vilalbés Carlos Yobani acaba de rematar o campionato de Europa júnior que ven de celebrarse en Roma ao perder na repesca por superioridade ante o bielorruso Mikita Strakh. A participación do vilalbés tivo moitos altibaixos propios da falla de experiencia. Comezou gañando o primeiro enfrontamento ante o estonio Marek Kuett, un loitador difícil que apiques estivo de remontar un combate que o vilalbés comezou gañando. Xa en cuartos Carlos perdeu ante o ruso Aznaur Tavaev que amosou unha clara superioridade en toda a competición chegando á final, o que lle deu a posibilidade ao vilalbés de meterse na loita polas medallas.
Xa na repesca Carlos tiña que gañar en primeira rolda ante o bieloruso, un loitador en principio de nivel inferior ao estonio, para logo xogarse o bronce ante o búlgaro Angelov Atanasov, este xa un loitador de maior nivel e que prometía un axustado combate. Sen embargo Carlos non puido saír coa actividade necesaria ante o bieloruso e cedeu nun combate que parecía asequible.
Agora toca recuperarse e aprender dos erros para continuar a traballar no logro dos obxectivos marcados.

CONCENTRACIÓN NO CAR DE MADRID

Este ano o Gran Premio de España nos deixa un sabor agridoce, por un lado temos que destacar o bronce de Catriel Pehuén nos pesos pesados. O loitador arxentino, como xa relatamos nas pasadas notas, estivo preparando a cita en Vilalba e chegaba a Madrid como unha alternativa importante para acadar as medallas. Acadou o bronce ao perder en primeira rolda ante o uzbeco Davit Modzmanashvili que regresa á competición tras ser a segunda vez que resulta sancionado por dopaxe e gañar posteriormente ao canadiense San Molle cunha espectacular técnica.
A parte amarga a puxo a lesión de Cuba que non lle permitiu loitar polas medallas nunha competición na que acostumaba a ser un fixo nos prezados postos de podio. Aínda así gañou en primeira rolda ante o  sueco Fardin Anosheh, mentrás que no pase á final pouco puido facer cunha soa perna debido ao forte derrame do xeonllo dereito ante o austríaco Johanes Ludescher.
Aínda así, o vilalbés gañou o primeiro enfrontamento e deu mostra do seu nivel internacional.
Agora atópase descansando e recuperándose co obxectivo de poder estar listo para o internacional de Polonia que lle servirá para medir o seu estado e posibilidades de loitar o mundial de Hungría a finais de setembro.

GRAN PREMIO DE ESPAÑA

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL NO CGTD DE PONTEVEDRA

Do 2 ao 5 de xullo tivemos a oportunidade de participar cos nosos deportistas máis destacados das categorías anteriores á absoluta na concentración internacional que a Federación Galega de Loita organizou no CGTD de Pontevedra e que contou coa presenza de varios loitadores do equipo alemán júnior e sub23 así como varios loitadores do equipo ruso que participarían posteriormente no Gran Premio de España.
Esta concentración foi especialmente interesante para Carlos Yobani García que se atopaba en plena preparación do europeo júnior de Roma. Precisamente tivemos ata o último intre a incógnita de si este deportista podería ou non participar na actividade debido ao veto que a dirección do centro ten imposto a este deportista e que levou á negativa nun primeiro momento a poder adestrar no centro. Prohibición que foi levantada tras a reclamación da federación ante a Secretaría Xeral.
Ao final, e a pesares das iniciais trabas inxustificadas, a actividade foi todo un éxito e os nosos deportistas puideron medirse con atletas doutros países..