O vilalbés José Cuba non tivo un bo día no Internacional Ziolkowski-Pytlasinski de Varsovia ao caer en primeira rolda ante o canadiense Amarveer Dhesi por superioridade técnica, e tras perder este ante o polaco Kamil Kosciolec en cuartos de final deixou ao noso fóra da loita polas medallas.
Foi un torneo de primeiro nivel no que se acabou impoñendo na final o ruso Khizriev ao polacoa Baran, loitador que xa desputara unha axustada primeira rolda co vilalbés no pasado europeo de Kaskpisk.
Agora Cuba porá o seu obxectivo no mundial de loita praia que se celebrará nun mes na cidade turca de Sarigerme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario