domingo, 26 de abril de 2026

TORNEO VILLA DE GIJÓN

Este sábado 25 abril viaxamos a Gijón para participar no tradicional torneo Villa de Gijón no que estiveron presentes algúns dos clubs máis potentes de España.

O noso equipo, xunto ao Keltoi de Vila de Cruces conformou a selección galega que participou no evento acadando o 3º posto en Libre Feminina e o 4º posto en Libre Masculina por equipos.

Destacar que o noso alumnado acadou o pleno de medallas subindo todos eles ao podio.

 Noela González Carreira, Enrique Seoane e Sara Martínez obtiveron o ouro tras gañar as súas categorías.

Pola súa banda, Jimena García e Héctor Somoza acadaron sendas pratas mentres que Andrés e Alonso Maceiras, Kevin Cuba e Marco Gaute fixéronse co bronce nas súas categorías.



mércores, 22 de abril de 2026

VARIOS DEPORTISTAS VILALBESES CONCENTRADOS CO EQUIPO NACIONAL U15


Varios dos nosos deportistas participaron nas concentracións dos equipos nacionais da categoría U15 feminina e masculina que tiveron lugar  do 15 ao 19 de abril en San Javier (Murcia) e La Nucia (Alicante) respectivamente.

Jimena García foi convocada polo equipo feminino U15 despois de gañar o pasado Campionato de España da súa categoría. En La Nucia, co equipo masculino estiveron concentrados Enrique Seoane e Héctor Somoza.

domingo, 12 de abril de 2026

2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE

 

Este sábado participamos na Xornada Norte da Liga de Deporte Base que se celebrou en  Vilalba.

O noso equipo composto por 26 deportistas de entre 8 e 13 anos rematou en segundo posto por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.

Esta competición ten un compoñente lúdico con reglas simplificadas e adaptadas ás categorías de base co obxectivo de que participen todos os nenos e as nenas con independencia do seu nivel.

A nosa escola participará agora na final A que terá lucgar o próximo 16 de maio e que se enfrontarán os 3 primeiros equipos desta xornada e os 3 primeiros da Xornada Sur.