Este domigo, nos Campionatos de España da categoría U23 celebrados en Langreo, o noso deportista Kevin Cuba acadou a prata en menos de 97 kg.
O vilalbés volve subir ao podio dúas semanas despois de proclamarse campión de España U20 na súa categoría.
O vilalbés volve subir ao podio dúas semanas despois de proclamarse campión de España U20 na súa categoría.
Esta fin de semana tiveron lugar os Campioantos de España das categorías U15, U17 e U23 na localidade asturiana de Langreo.
Varios dos nosos deportistas e outros loitadores da provincia competiron na proba amosando o nivel crecente da loita lucense. Tanto os loitadores vilalbeses como os lucenses puxeron sobre o tapiz un alto desempeño contribuíndo ao terceiro posto da Selección Galega no clasificatorio por equipos nas categorías CESA (U15 e U17).
Dos nosos deportistas na categoría U15 destacaron Jimena García, que se proclamou Campiona de España, Sara Martínez e Enrique Seoane que obtiveron sendos bronces, e Héctor Somoza e Noela González que nas repescas remataron en quinta posición. Por parte do Club de Loita Lugo destacar o bronce de Bruno Pintos e o décimo posto de Nicolás Seijas.
Na categoría U17, disputada na xornada do sábado tarde, destacaron Matero Paredes co seu Ouro en menos de 110 kg e Andrés Maceira que remataou en décima posición en menos de 80 kg.
O noso deportistas Kevin Cuba proclamouse Campión de España en menos de 97 na categoría U20 nos Campionatos de España que se celebraron este domingo en Madrid. O vilalbés domiñou a categoría facendo patente a súa progresión deportiva contribuíndo ao segundo posto por equipos da selección galega en libre olímpica masculina.