Amosando publicacións coa etiqueta ziolkowski varsovia open poland jose cuba vilalba. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ziolkowski varsovia open poland jose cuba vilalba. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de setembro de 2018

CUBA PERDE ANTE O CANADIENSE DHESI NO OPEN DE POLONIA


O vilalbés José Cuba non tivo un bo día no Internacional Ziolkowski-Pytlasinski de Varsovia ao caer en primeira rolda ante o canadiense Amarveer Dhesi por superioridade técnica, e tras perder este ante  o polaco Kamil Kosciolec en cuartos de final deixou ao noso fóra da loita polas medallas.

Foi un torneo de primeiro nivel no que se acabou impoñendo na final o ruso Khizriev ao polacoa Baran, loitador que xa desputara unha axustada primeira rolda co vilalbés no pasado europeo de Kaskpisk.
Agora Cuba porá o seu obxectivo no mundial de loita praia que se celebrará nun mes na cidade turca de Sarigerme.