domingo, 22 de novembro de 2026

TORENEO INTERNACIONAL MAIDER UNDA DE BARAKALDO

 

Este sábado 21 de novembro paticipamos no Torneo Internacional Maider Unda de Barakaldo cunha representación de 3 deportistas das categorías U15.

Jimena García gañou o Ouro, Sara Martínez o Bronce e Héctor Somoza acadou o 5º posto. Ate Barakaldo tamén viaxaron 3 deportistas do Lugo que completaron o podio co Ouro de Enma García e o 5º e 15º postos para Bruno Pintos e Ainhoa García respectivamente. 

Este é o segundo torneo da pretempada e xa estamos preparando o seguinte torneo internacional de Burlada (Navarra) no que asistirán os mellores deportistas españois e equipos de Francia, Italia e Rumania.

domingo, 8 de novembro de 2026

MEMORIAL ALEXANDER KACHELAEV


Esta fin de semana participamos na terceira edición do memorial Alexander Kachalaev  que se celebrou o sábado en Sanxenxo. 
Ate a cidade pontevedresa viaxamos ao toreno internacional cunha pequena representación da nosa escola das categorías U15 e Sénior. 
En U15 Sara Martínez e Héctor Somoza acadaron sendos ouros nas súas categorías o que nos levou ao terceiro postos por equipos. Nesta categoría tamén obtiveron ouros os loitadores do Club de Loita Lugo Bruno Pintos e Adrián Costa.
Pola tarde disputouse a categoría sénior na os vilalbeses José Cuba e Kevin Cuba enfrentáronse neste primeiro torneo da tempada e no que acadaron unha prata e un bronce respectivamente despois de perder ante o representante do equipo ruso.
As nosas próximas citas serán o Torneo Internacional de Barakaldo a finais deste mes e o Internacional de Burlada a mediados de decembro.



 

venres, 31 de xullo de 2026

ADESTRAMENTOS DE VERÁN

 

Outro ano máis ofrecemos adestramentos de mañá durante os mes de xuño para o noso alumnado. Máis de 30 deportistas participaron nunhas sesións de adestramento diferentes ás do resto do ano nas que incluíanse sesións técnicas, de preparación física e lúdicas coa visita ás piscinas municipais descubertas grazas á coloboración do Concello de Vilalba.

Ate o noso Concello tamén se achegaro deportistas doutros clubs galegos para participar nestas xornadas que remataron cun xantar no río da Madalena.


domingo, 31 de maio de 2026

KEVIN CUBA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR

O noso deportista Kevin Cuba acaba de proclamarse subcampión de España sénior esta fin de semana na localidade valenciá de Sagunto.

Kevin participou na categoría de 125 kg, unha superior á súa en sustitución do vilalbés José Cuba que non puido participar por molestias no xeonllo. 

O noso deportista acada así a súa terceira medalla nacional nesta tempada despois do ouro en U20 e a prata en U23. Esta medalla ten moito mérito dando mostra da progresión de Kevin, que sendo aínda U20 de primeiro ano estivo a piques de gañar o absoluto nunha axustada final decidida aos puntos ante o madrileño Carlos Acebrón.

A seguinte cita para Kevin será esta semana que entra en Rumanía onde loitará o torneo internacional de Bucarest co obxectivo de ser seleccionado para o europeo U20.

Con esta prata de Kevin sumamos 8 medallas en campionatos de España nesta tempada, 3 delas ouros, o que da unha mostra da progresión do noso alumnado.



KEVIN CUBA REMATA EN 7º POSTO NO TORNEO INTERNACIONAL DE RUMANIA

 


Kevin Cuba rematou 7º no prestixioso Torneo Internacional  de Rumanía despois de disputar varios combates ante os representantes rumanos e alemanes destacados na cita.

 

O campinato serviu de preselección para os Campionatos do Mundo da categoría e a pesares de non subir ao podio, o noso deportistas amosou un gran nivel ao rivalizar nun plano de igualdade con varios deportistas titulares nos equipos nacionais de países punteros neste deporte.