domingo, 31 de maio de 2026

KEVIN CUBA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR

O noso deportista Kevin Cuba acaba de proclamarse subcampión de España sénior esta fin de semana na localidade valenciá de Sagunto.

Kevin participou na categoría de 125 kg, unha superior á súa en sustitución do vilalbés José Cuba que non puido participar por molestias no xeonllo. 

O noso deportista acada así a súa terceira medalla nacional nesta tempada despois do ouro en U20 e a prata en U23. Esta medalla ten moito mérito dando mostra da progresión de Kevin, que sendo aínda U20 de primeiro ano estivo a piques de gañar o absoluto nunha axustada final decidida aos puntos ante o madrileño Carlos Acebrón.

A seguinte cita para Kevin será esta semana que entra en Rumanía onde loitará o torneo internacional de Bucarest co obxectivo de ser seleccionado para o europeo U20.

Con esta prata de Kevin sumamos 8 medallas en campionatos de España nesta tempada, 3 delas ouros, o que da unha mostra da progresión do noso alumnado.



Ningún comentario: