domingo, 31 de maio de 2026

KEVIN CUBA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR

O noso deportista Kevin Cuba acaba de proclamarse subcampión de España sénior esta fin de semana na localidade valenciá de Sagunto.

Kevin participou na categoría de 125 kg, unha superior á súa en sustitución do vilalbés José Cuba que non puido participar por molestias no xeonllo. 

O noso deportista acada así a súa terceira medalla nacional nesta tempada despois do ouro en U20 e a prata en U23. Esta medalla ten moito mérito dando mostra da progresión de Kevin, que sendo aínda U20 de primeiro ano estivo a piques de gañar o absoluto nunha axustada final decidida aos puntos ante o madrileño Carlos Acebrón.

A seguinte cita para Kevin será esta semana que entra en Rumanía onde loitará o torneo internacional de Bucarest co obxectivo de ser seleccionado para o europeo U20.

Con esta prata de Kevin sumamos 8 medallas en campionatos de España nesta tempada, 3 delas ouros, o que da unha mostra da progresión do noso alumnado.



domingo, 24 de maio de 2026

MAURO BASANTA BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA U13

Esta fin de semana tiveron lugar en Sevilla os Campionatos de España U13 e ate alí fumos con 4 dos nosos alumnos formando parte da selección galega que finalizou o campionato coa segunda praza en Libre Olímpica e Libre Feminina.

Os nosos deportistas en Sevilla foron Isaac Funcasta que rematou en 9º posto,, Carla Cazás e Daniela González clasificadas en 4º posto e Mauro Basanta que destacou no seu primeiro campionato de España rematando a súa participación cun Bronce.

Todos os nosos deportista amosaron un gran desempeño gañando varios combates na súa primeira participación nun Campionato de España.

O equipo galego tamén contou coa representación doutra deportista lucense, Enma García do Club de Loita Lugo tamén se estreou nun campionato de España acadando outro bronce para o equipo galego.


KEVIN CUBA CONCENTRADO CO EQUIPO NACIONAL U20

O noso deportista estivo convocado co equipo nacional U20 en Madrid durante esta semana para participar na concentración internacional co equipo Alemán co obxectivo de preparar a participación no Torneo Internacional de Rumanía.

Esta foi a primeira actividade preparatoria para os eventos internacionais nos que Kevin agarda participar co obxectivo de clasificarse para o Campioanto de Europa e o Mundial deste 2026. 

domingo, 17 de maio de 2026

3º POSTO NA LIGA DE DEPORTE BASE

Este sábado viaxamos a Ourense para celebrar a final da liga de Deporte Base que celebrouse no pavillón municipal de Oira.

A nosa escola que so pudo viaxar con 17 deportistas rematou en 3º posición da liga A por detrás do Keltoi de Vila de Cruces e o San Ignacio de Vigo.

Con esta actividade finalizamos a competición máis lúdica das categorías inferiores aínda que varios destes deportistas continuarán competindo en diferentes actividades. A primeira, o Campionato de España U13 que o próximo fin de semana terá lugar en Sevilla e na que participarán dous loitadores e dúas loitadoras da nosa escola.

 

domingo, 26 de abril de 2026

TORNEO VILLA DE GIJÓN

Este sábado 25 abril viaxamos a Gijón para participar no tradicional torneo Villa de Gijón no que estiveron presentes algúns dos clubs máis potentes de España.

O noso equipo, xunto ao Keltoi de Vila de Cruces conformou a selección galega que participou no evento acadando o 3º posto en Libre Feminina e o 4º posto en Libre Masculina por equipos.

Destacar que o noso alumnado acadou o pleno de medallas subindo todos eles ao podio.

 Noela González Carreira, Enrique Seoane e Sara Martínez obtiveron o ouro tras gañar as súas categorías.

Pola súa banda, Jimena García e Héctor Somoza acadaron sendas pratas mentres que Andrés e Alonso Maceiras, Kevin Cuba e Marco Gaute fixéronse co bronce nas súas categorías.



mércores, 22 de abril de 2026

VARIOS DEPORTISTAS VILALBESES CONCENTRADOS CO EQUIPO NACIONAL U15


Varios dos nosos deportistas participaron nas concentracións dos equipos nacionais da categoría U15 feminina e masculina que tiveron lugar  do 15 ao 19 de abril en San Javier (Murcia) e La Nucia (Alicante) respectivamente.

Jimena García foi convocada polo equipo feminino U15 despois de gañar o pasado Campionato de España da súa categoría. En La Nucia, co equipo masculino estiveron concentrados Enrique Seoane e Héctor Somoza.

domingo, 12 de abril de 2026

2º POSTO NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE

 

Este sábado participamos na Xornada Norte da Liga de Deporte Base que se celebrou en  Vilalba.

O noso equipo composto por 26 deportistas de entre 8 e 13 anos rematou en segundo posto por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.

Esta competición ten un compoñente lúdico con reglas simplificadas e adaptadas ás categorías de base co obxectivo de que participen todos os nenos e as nenas con independencia do seu nivel.

A nosa escola participará agora na final A que terá lucgar o próximo 16 de maio e que se enfrontarán os 3 primeiros equipos desta xornada e os 3 primeiros da Xornada Sur.

luns, 30 de marzo de 2026

KEVIN CUBA PRATA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA U23


 Este domigo, nos Campionatos de España da categoría U23 celebrados en Langreo, o noso deportista Kevin Cuba acadou a prata en menos de 97 kg. 

O vilalbés volve subir ao podio dúas semanas despois de proclamarse campión de España U20 na súa categoría.


CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15 e U17

Esta fin de semana tiveron lugar os Campioantos de España das categorías U15, U17 e U23 na localidade asturiana de Langreo.

Varios dos nosos deportistas e outros loitadores da provincia competiron na proba amosando o nivel crecente da loita lucense. Tanto os loitadores vilalbeses como os lucenses puxeron sobre o tapiz un alto desempeño contribuíndo ao terceiro posto da Selección Galega no clasificatorio por equipos nas categorías CESA (U15 e U17).

Dos nosos deportistas na categoría U15 destacaron Jimena García, que se proclamou Campiona de España,  Sara Martínez e Enrique Seoane que obtiveron sendos bronces, e Héctor Somoza e Noela González que nas repescas remataron en quinta posición. Por parte do Club de Loita Lugo destacar o bronce de Bruno Pintos e o décimo posto de Nicolás Seijas.

Na categoría U17, disputada na xornada do sábado tarde, destacaron Matero Paredes co seu Ouro en menos de 110 kg e Andrés Maceira que remataou en décima posición en menos de 80 kg.



domingo, 15 de marzo de 2026

KEVIN CUBA CAMPIÓN DE ESPAÑA U20

O noso deportistas Kevin Cuba proclamouse Campión de España en menos de 97 na categoría U20 nos Campionatos de España que se celebraron este domingo en Madrid. O vilalbés domiñou a categoría facendo patente a súa progresión deportiva contribuíndo ao segundo posto por equipos da selección galega en libre olímpica masculina.
Xiao Seoane tamén participou en Madrid acadando o 7º posto en menos de 70 kg.
Galicia obtivo dous ouros máis en libre feminina (Nadya Zholtikova do Pontevedra e Ana Ferro do Club Senín) e outro ouro máis xunto ao de Kevin Cuba en libre olímpica de Joel Castro do Keltoi, o que serviu para obter o segundo posto por equipos en libre olímpica e o terceiro en Gecorromana e en Libre Feminina.
A próxima cita para os nosos deportistas serán os Campionatos de España U15, U17 e U23 que terán lugar en Langreo en dúas semanas.

domingo, 15 de febreiro de 2026

CAMPIONATOS GALEGOS U13, U17 E SENIOR

Hoxe tiveron lugar no pavillón vigués de Teis os campionatos galegos das categorías U13, U15 e Senior. Na xornada de maña loitaron os deportistas das categorías U13 e U15 nas que participaron parte do noso alumnado.

Na categoría U13 contamos con Carla Cazás (Ouro), Daniela González (Prata), Norah Santos (abandono por lesión), Isaac Folgueira (Ouro) e Mauro Basanta (Prata).

En U17 contamos coa participación de Sara Martínez (ouro), Mateo Paredes (Ouro), Héctor Somoza (Bronce ), Andrés Maceira (Bronce) e Enrique Seoane (5º).

Pola tarde loitaron os nosos senior cun pleno de podios. Jose Cuba (Ouro), Catriel Pehuén (Ouro), Angel Cortés (Ouro) e Kevin Cuba (Prata).

Poñemos agora a vista nos campionatos de España das diferentes categorías que terán lugar nos próximos meses e nos que contaremos coa participación de varios dos nosos deportistas.

domingo, 1 de febreiro de 2026

CAMPIONATOS GALEGOS U15 e U20

 

Este sábado tiveron lugar os Campionatos Galegos de de Loitas Olímpicas das categorías U15 e U20 nas que o noso club clasificouse en 3º lugar por equipos. 

O campionato disputouse no Pazo Provincial de Deportes de Lugo en xornada de tarde e ate alí desprazámonos cun equipo moi variado.

Na categoría U15 contamos cos Ouros de Sara Martínez, Noela González Carreiras, Jimena García e Bruno Pintos que loitou polo Club Loita Lugo.

Na mesma categoría de idade Noelia Vilasuso e Héctor Somoza acadaron sendas pratas,  e Enrique Seoane e Marco Gaute fíxeron bronce. Alonso Maceira rematou a participación neste categoría cun meritorio 6º posto.

Na categoría U20 o gran domiñador foi Kevin Cuba que gañou en 97 kg tanto en libre como grecorromana. Xiao Seonae e Adniel Montes de Oca acadaron o bronce mentres que Mateo Paredes, Andres Maceira e Gabriel Facal remataron en 6ª posición.

Varios destes deportistas clasifícáronse directamente para os próximos campionatos de España da categoría que terá lugar en Langreo o próximo 28 de marzo.

O 14 de febreiro teremos outra cita en Vigo para disputar os Campionatos Galegos das categorías U13, U17 e Sénior.

O sábado pola mañá tamén tiveron lugar o Campionato Galego Sénior de Loita Sambo na que o noso técnico Catriel Pehuen estreouse nesta modalidade acadando o bronce dos pesos pesados.