Amosando publicacións coa etiqueta GRAN PREMIO DE ESPAÑA JOSÉ CUBA VILALBA LOITA OLYMPIC WRESTLING VILALBA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GRAN PREMIO DE ESPAÑA JOSÉ CUBA VILALBA LOITA OLYMPIC WRESTLING VILALBA. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de agosto de 2018

GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Este ano o Gran Premio de España nos deixa un sabor agridoce, por un lado temos que destacar o bronce de Catriel Pehuén nos pesos pesados. O loitador arxentino, como xa relatamos nas pasadas notas, estivo preparando a cita en Vilalba e chegaba a Madrid como unha alternativa importante para acadar as medallas. Acadou o bronce ao perder en primeira rolda ante o uzbeco Davit Modzmanashvili que regresa á competición tras ser a segunda vez que resulta sancionado por dopaxe e gañar posteriormente ao canadiense San Molle cunha espectacular técnica.
A parte amarga a puxo a lesión de Cuba que non lle permitiu loitar polas medallas nunha competición na que acostumaba a ser un fixo nos prezados postos de podio. Aínda así gañou en primeira rolda ante o  sueco Fardin Anosheh, mentrás que no pase á final pouco puido facer cunha soa perna debido ao forte derrame do xeonllo dereito ante o austríaco Johanes Ludescher.
Aínda así, o vilalbés gañou o primeiro enfrontamento e deu mostra do seu nivel internacional.
Agora atópase descansando e recuperándose co obxectivo de poder estar listo para o internacional de Polonia que lle servirá para medir o seu estado e posibilidades de loitar o mundial de Hungría a finais de setembro.