Esta fin de semana tiveron lugar en Sevilla os Campionatos de España U13 e ate alí fumos con 4 dos nosos alumnos formando parte da selección galega que finalizou o campionato coa segunda praza en Libre Olímpica e Libre Feminina.Os nosos deportistas en Sevilla foron Isaac Funcasta que rematou en 9º posto,, Carla Cazás e Daniela González clasificadas en 4º posto e Mauro Basanta que destacou no seu primeiro campionato de España rematando a súa participación cun Bronce.
Todos os nosos deportista amosaron un gran desempeño gañando varios combates na súa primeira participación nun Campionato de España.
O equipo galego tamén contou coa representación doutra deportista lucense, Enma García do Club de Loita Lugo tamén se estreou nun campionato de España acadando outro bronce para o equipo galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario