domingo, 13 de marzo de 2022

VILALBA 2ª NA XORNADA NORTE DE DEPORTE BASE

Despois de case 3 anos sen competicións de deporte base os maís pequenos volveron facernos disrutar dunha das competicións que máis nos gustan aos e ás afeccionados á loita. Este sábado tivo lugar no Pavillón Municipal de deportes de Lugo a Xornada Norte de Deporte Escolar de loitas olímpicas que xuntou a clubs de Lugo, centro de Pontevedra provincia, A Coruña, Ourense e Asturias.

En total máis de 150 nenos e nenas tentaron demostrar o aprendido nestes meses despois de dous anos de parón demostrando as gañas que todos tiñamos de volver ao tapiz.

O noso equipo desprazouse a Lugo cun equipo de 32 deportistas (8 nenas e 24 nenos) acadando 0 2º posto por equipos por detrás do Ayude de Santiso. Os 3 primeiros clasificados poderán participar na Final A da Xornada Final de Deporte Base que terá lugar no próximo mes de maio.

Máis aló do resultado, estas actividades buscan que os mais pequenos e pequenas podan participar independentemente do seu nivel e tempo de adestramento e xunto á boa organización fan que este tipo de eventos sexan  cada vez máis numerosos.

luns, 31 de xaneiro de 2022

BEKBOL ONGGAROV CAMPIÓN GALEGO JÚNIOR

O compostelán Bekbol Onggarov acadou sendos ouros nas modalidades de libre olímpica e grecorromana nos Campionatos Galegos da categoría júnior que veñen de celebrarse este sábado no pavillón municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela.

Bekbol foi o único loitador do club no campionato debido ás baixa de varios dos nosos deportistas por confinamentos relacionados coa Covid. 

Este é a primeira proba para os júnior neste 2022 e que lles sirve de pasaporte para os próximos Campionatos de España que terán lugar este mesmo mes de febreiro e no que Bekbol tentará domiñar a categoría de menos de 74 na modalidade de libre olímpica.

sábado, 11 de decembro de 2021

VILALBA CAMPIONA GALEGA ABSOLUTO

 

Este sábado tiveron lugar no Pavillón Municipal de Santa Isabel de Santiago de Compostela os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías sénior e cadete. No evento tivemos a representación de Jose Cuba en menos de 125 kg e Bekbol Ongganarov en menos de 74 kg e ambos deportistas acadaron os ouros nas súas categorías.

Os ouros dos nosos deportistas levaron ao noso club a clasificarse no primeiro posto na clasificación por clubs en libre olímpica masculina.

Debido ás restriccións no contacto que mantemos coas categorías inferiores non desprazamos equipo cadete ao campionato.

CUBA E ONGGAROV LOITARÁN O GALEGO SENIOR EN SANTIAGO ESTE 11 DE NOVEMBRO


 Vilalba contará con tan só dous loitadores na cita galega deste 2021. Jose Cuba en menos de 125 kg e Bekbol Onggarov en menos de 74 kg serán os únicos loitadores que desprazaremos á capital galega este sábado. José Martinez, que tamén ía disputar a modalidade de grappling na xornada de tarde foi baixa por unha lesión no ombro a pasada fin de semana.

Debido ás restriccións que mantenos no clube nas categorías inferiores nas que aínda estamos iniciando o contacto dende o pasado marzo de 2019 crimos axeitado non levar competidores na categoría cadete. En canto podamos garantir unha correcta preparación dos máis pequenos retomaremos a competición dos preto de 50 deportistas cos que contamos nas categorías previas á absoluta.

domingo, 21 de novembro de 2021

BEKBOL ONGGAROV INAUGURA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS

 


Esta fin de semana tivo lugar en Pontevedra a concentración deportiva e os encontros de combate de control entre os principais loitadores galegos que retoman a tempada de loita de cara ás competicións do 2022. Entre eles estivo o loitador de orixe kazajo Onggarov que este ano ten licenza deportiva polo Vilalba tralo cese temporal de actividade do seu clube de orixe o Stellae de Santiago.

Onggarov está a preparar os Campionatos de España por autonomías que terán lugar nun par de semanas e estas actividades organizadas pola Federación Galega de Loita buscan retomar o contacto da alta competición galega.