En total máis de 150 nenos e nenas tentaron demostrar o aprendido nestes meses despois de dous anos de parón demostrando as gañas que todos tiñamos de volver ao tapiz.
O noso equipo desprazouse a Lugo cun equipo de 32 deportistas (8 nenas e 24 nenos) acadando 0 2º posto por equipos por detrás do Ayude de Santiso. Os 3 primeiros clasificados poderán participar na Final A da Xornada Final de Deporte Base que terá lugar no próximo mes de maio.
Máis aló do resultado, estas actividades buscan que os mais pequenos e pequenas podan participar independentemente do seu nivel e tempo de adestramento e xunto á boa organización fan que este tipo de eventos sexan cada vez máis numerosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario