domingo, 22 de decembro de 2024

JIMENA GARCÍA GAÑA O TORNEO DE NADAL DE SAN BLAS


 A nosa deportistas participou esta fin de semana no tradicional torneo de nadal que organiza o Club San Blas de Madrid. Jimena gañou a todas as rivais en 3 enfrontamentos acadando o primeiro posto en menos de 65 kg U13. 

Despois do torneo loitadoras de toda España permanecerán concentradas durante dous días cos diferentes equipos nacionais.

Jimena este ano acadou o título de Campiona de España U13 e agardamos que para o 2025 poda revalidalo na categoría U15 xunto a varios dos seus compañeiros de club.


domingo, 1 de decembro de 2024

TORNEO NACIONAL DE BARAKALDO- MAIDER UNDA

Esta fin de semana viaxamos a terras vascas para participar nun dos torneos de maior nivel nacional para as categorías base. Ate Barakaldo, e convocados pola Selección Galega, desprazáronse algúns das nosas xóvenes promesas da categoría U13. Trátase de Jimena García que acadou o ouro, Héctor Somoza que regresou coa prata e Kike Seoane que rematou nun meritorio 4º posto en menos de 70 kg. Todos eles xa participaron esta tempada nos Campionatos de España e este torneo supuxo unha magnífica oportunidade de prepración para próxima tempada 2025 na que xa loitarán na categoría U15. Tamén tiveron ocasión de coñecer á bronce olímpica Maider Unda, sen dúbida unha expericia motivadora para os nosos deportistas.


mércores, 13 de novembro de 2024

FINALIZAMOS AS ACTIVIDADES DO PLAN CORRESPONSABLES


 Esta semana finalizamos as xornadas deportivas do Plan Corresponables que permitiron que máis de de 60 nenas e nenos entre os 6 e os 16 anos coñecesen este deporte entre os meses de xullo e novembro.

Unha boa iniciativa que axuda a dar visibilidade ás actividades deportivas como alternativa de ocio para a mocidade.

domingo, 10 de novembro de 2024

II MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV



 Onte celebrouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev e ate a cidade do Lérez desprazámonos con 3 das nosas novas promesas Kevin Cuba, Jairo Mosteiro na categoría U17 e Xiao Seoane na categoría sénior.

Kevin acadou o ouro en menos de 110 kg mentres que Jairo acadou unha meritoria prata en 65 kg. Pola súa banda,  Xiao tamén acadou a prata en 65 kg.

Estes torneos son importantes no inicio da tempada para a formación dos nosos deportistas que aspiran a participar no 2025 nos campionatos de España das súas categorías.




luns, 28 de outubro de 2024

TORNEO INTERNACIONAL VILLA DE MADRID

 

Varios dos nosos deportistas loitaron esta fin de semana no Torneo Villa de Madrid que reuniu a máis de 400 deportista na capital.

Esta é a primeira competición da tempada e sirvenos para valorar o estado de forma dos nosos deportistas neste inicio de curso.

Na competición disputáronse diferentes categorías, dende U13  a U23 e congregou a deportistas do Estado  xunto a unha forte presenza de loitadores e loitadoras estranxeiros.

Dos nosos deportistas, convocodos coa selección galega temos que destacar a :

Na categoría U13:

  • Enrique Seoane (Campión en menos de 70kg).
  • Hèctor Somoza (5⁰ en menos de 55 Kg; non puido acabar a competición por molestias).
  • Bruno Pintos do Lugo Loita Olímpica (9⁰ en menos de 45 kg).
  • Jimena García (5ª en emnos de 65 kg).

E en U23:

  • Xiao Seoane (8⁰ en menos de 65 kg).
Todos estes deportistas disputaron este ano diferentes campionatos de España.