Amosando publicacións coa etiqueta vilalba loita olímpica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vilalba loita olímpica. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de decembro de 2024

JIMENA GARCÍA GAÑA O TORNEO DE NADAL DE SAN BLAS


 A nosa deportistas participou esta fin de semana no tradicional torneo de nadal que organiza o Club San Blas de Madrid. Jimena gañou a todas as rivais en 3 enfrontamentos acadando o primeiro posto en menos de 65 kg U13. 

Despois do torneo loitadoras de toda España permanecerán concentradas durante dous días cos diferentes equipos nacionais.

Jimena este ano acadou o título de Campiona de España U13 e agardamos que para o 2025 poda revalidalo na categoría U15 xunto a varios dos seus compañeiros de club.