xoves, 18 de febreiro de 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

Os próximos días 26 ao 28 terá lugar en San Adria de Besos (Barcelona) os Campionatos de España Senior de Loita Libre, Loita Grecorromana e Loita Feminina.
O equipo galego de libre olímpica viaxará con dous deportistas do club vilalbés, José Luís Puentes en menos de 84 kg e José Cuba en menos de 120 kg. Nicolás Castro tampouco viaxará nesta ocasión por atoparse aínda en proceso de recuperación da súa lesión de moneca.
Desexámoslles a todo o equipo galego moita sorte.

luns, 15 de febreiro de 2010

O CLUB VILALBA REMATA 1º POR EQUIPOS NO GALEGO CADETE

Esta fin de semana celebráronse os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior no Pavillón Municipal de Teis en Vigo onde os loitadores vilalbeses tiveron unha moi boa actuación.
Pola mañá comezaron os cadetes (14 a 16 anos) cunha moi boa representación de deportistas lucenses en tódalas categorías. Aquí o Club de Loita Vilalba conseguiu o primeiro posto por equipos tanto na modalidade de Libre Olímpica (LO) como de Grecorromana (GR) tralas magníficas actuacións de Sergio Carracelas (2º en menos de 54 kg en LO e GR), Emil Emilov (1º en menos de 59 kg en LO e GR), Bruno Carracelas (2º en menos de 63 kg en LO e GR) e Kadrín Emilov (1º en LO e 2º en GR en menos de 69 kg ).
RESULTADOS POR EQUIPOS CADETE:
LOITA GRECORROMANA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA KELTOI
3º CLUB CIDADE DE VIGO
LOITA LIBRE OLÍMPICA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA TOURO
3º CLUB DE LOITA STELLAE
Xa pola tarde tiveron lugar os enfrontamentos dos Sénior (maiores de 19 anos), e é aquí onde o club vilalbés participou cun equipo reducido polas baixas das últimas semanas. Aínda así acadou o 2º posto por equipos tanto en Libre Olímpica como Grecorromana véndose somentes superado polo numeroso equipo de Vila de Cruces.
Marcos Carral en menos de 66 kg acadou o Segundo posto en grecorromana, José Luís Puentes acadou o Ouro en Libre Olímpica en menos de 84 kg, Marcos Miragalla rematou 2º en menos de 96 kg e José Cuba 1º en menos de 120 kg.
Destacar o peso de menos de 84 kg na que o Puentes conseguiu impoñerse de entre os 4 Campións de España que participaban na categoría, o que da mostra do nivel dos nosos deportistas.
Tamén resaltar o Ouro acadado en menos de 60 kg por Clemente Alves do Club Lugo, xa que é a primeiro ouro da categoría sénior que chega para o club lucense dando fe do bo traballo realizado polo noso compañeiro Pablo Pintos.
RESULTADOS POR EQUIPOS SENIOR:
LOITA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO
LOITA LIBRE OLÍMPICA :
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO

Deste xeito 3 deportistas da provincia representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Sénior que terán lugar en Barcelona o 27 de Febreiro.
Aquí tendes algunhas instantáneas do evento:

xoves, 11 de febreiro de 2010

CAMPIONATO GALEGO DAS CATEGORÍAS SENIOR E CADETE


Este fin de semana celebrarase no pavillón municipal de Teis en Vigo os campionatos galegos correspondentes ás categorías Cadete e Senior. A primeira das categorías comprende aos deportistas de entre 14 e 16 anos e disputarase en xornada de mañá namentres que os maiores enfrontaranse na xornada de tarde.
Vilalba acudirá a Vigo con equipos de ámbalas categorías. Os equipo cadete estará composto por Sergio Carracelas en menos de 54 kg, Emil Emilov en menos de 58kg, Bruno Carracelas en menos de 63kg e Kadrín Emilov en menos de 69 kg.
O equipo Sénior estará composto por Mihail Emilov en menos de 60kg, Marcos Carral en menos de 66 kg, Jose Francisco Bermúdez en menos de 74 kg, Jose Luís Puentes en menos de 84 kg, Marcos Miragalla en menos de 96kg e José Cuba en menos de 120kg.
Dende o Club de Loita Vilalba valoramos que aínda que non viaxemos cos equipos completos, temos moitas posibilidades de estar no podio por equipos en ámbalas categorías, especialmente na Sénior. A nivel individual cremos que aportamos algúns dos loitadores de maior calidade, moitos deles seguro que nos representarán nos próximos campionatos de España.
Que todos teñan moita sorte.

mércores, 10 de febreiro de 2010