Esta fin de semana celebráronse os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior no Pavillón Municipal de Teis en Vigo onde os loitadores vilalbeses tiveron unha moi boa actuación.Pola mañá comezaron os cadetes (14 a 16 anos) cunha moi boa representación de deportistas lucenses en tódalas categorías. Aquí o Club de Loita Vilalba conseguiu o primeiro posto por equipos tanto na modalidade de Libre Olímpica (LO) como de Grecorromana (GR) tralas magníficas actuacións de Sergio Carracelas (2º en menos de 54 kg en LO e GR), Emil Emilov (1º en menos de 59 kg en LO e GR), Bruno Carracelas (2º en menos de 63 kg en LO e GR) e Kadrín Emilov (1º en LO e 2º en GR en menos de 69 kg ).
LOITA GRECORROMANA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA KELTOI
3º CLUB CIDADE DE VIGO
LOITA LIBRE OLÍMPICA:
1º CLUB DE LOITA VILALBA
2º CLUB DE LOITA TOURO
3º CLUB DE LOITA STELLAE
Xa pola tarde tiveron lugar os enfrontamentos dos Sénior (maiores de 19 anos), e é aquí onde o club vilalbés participou cun equipo reducido polas baixas das últimas semanas. Aínda así acadou o 2º posto por equipos tanto en Libre Olímpica como Grecorromana véndose somentes superado polo numeroso equipo de Vila de Cruces.
Marcos Carral en menos de 66 kg acadou o Segundo posto en grecorromana, José Luís Puentes acadou o Ouro en Libre Olímpica en menos de 84 kg, Marcos Miragalla rematou 2º en menos de 96 kg e José Cuba 1º en menos de 120 kg.
Destacar o peso de menos de 84 kg na que o Puentes conseguiu impoñerse de entre os 4 Campións de España que participaban na categoría, o que da mostra do nivel dos nosos deportistas.Tamén resaltar o Ouro acadado en menos de 60 kg por Clemente Alves do Club Lugo, xa que é a primeiro ouro da categoría sénior que chega para o club lucense dando fe do bo traballo realizado polo noso compañeiro Pablo Pintos.
RESULTADOS POR EQUIPOS SENIOR:
LOITA GRECORROMANA:
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO
LOITA LIBRE OLÍMPICA :
1º CLUB DE LOITA KELTOI
2º CLUB DE LOITA VILALBA
3º CLUB SAN IGNACIO
Deste xeito 3 deportistas da provincia representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Sénior que terán lugar en Barcelona o 27 de Febreiro.
Aquí tendes algunhas instantáneas do evento:
