domingo, 14 de novembro de 2021

TORNEO SAN ISIDRO OPEN DE MADRID


O Equipo galego retomou a competición despois do parón do verán e iniciou a primeira das citas de pretempada asisitindo ao clásico Torno San Isidro Open de Madrid. Entre o equipo desprazado estivo o loitador con licenza polo Vilalba Bekbol Onggarov que este ano loitará con ficha por este club despois do parón do seu clube de orixe o Stellae de Santiago.

Bekbol fixo tres combates pero non puido subir ao podio a pesares dun bo rendemento. O deportista de orixe kazajo viña de recuperarse dunha lesión despois de desputar os pasados Campionatos de España e esta era a primeira competición despois dun longo parón .

Estamos seguros de que esta tempada será unhas das principais alternativas para acadar medalla nos campionatos de España.

domingo, 30 de maio de 2021

17 VECES CAMPIÓN DE ESPAÑA ABSOLUTO

 O noso deportista José Cuba ven de acadar o seu 17º título de Campión de España senior no nacional que tivo lugar onte en Murcia.

O vilalbés pasa por ser o loitador español con máis títulos nacionais a nivel absoluto domiñando a categoría dos pesados case que de maneira continua nos últimos 20 anos, fallando á máxima cita estatal en 3 ocasións por mor das lesións.

Lonxe de pensar no retiro, o noso amigo, co seus 40 anos moi ben levados, conta con permanecer na competición mentres poda manter a forma física e compaxinar os adestramentos coa súa profesión de Policía Nacional, aínda que a partir de agora os obxectivos terán unha perspectiva de ano en ano.

Neste últimos anos tivo que loitar moi duro para demostrar aos técnicos federativos que a idade non era un problema para manterse ao máximo nivel en ciclos de 4 anos. Hoxe Cuba vese con forza e con compañeiros de adestramento que o poden axudar a continuar na lidia mentres a bioloxía non mande parar. 

Dende o club estamos orgullosos de telo acompañado neste longo camiño e de seguir ao seu lado na maneira que el decida, xa que ten demostrado que será Cuba o que decida cando colgar as botas.

CUBA QUEDA FORA DOS XOGOS EN BULGARIA


O pasado 6 de maio o noso deportista máis destacado quedaba fóra da loita polas prazas olímpicas para os Xogos de Tokio ao caer eliminado ante o acerí Galayev na primeira rolda dos clasificatorios que se disputaron en Sofia (Bulgaria).

Esta vez o vilalbés quedou máis lonxe do pasaporte olímpico que nas pasadas edicións aínda que chegou a Bulgaria nunha das súas mellores formas deportiva dos últimos anos.

A próxima cita de Cuba serán os campionatos de España que terán lugar en Murcia o 29 de maio e aos que o noso deportista non quere renunciar.

Cuba cumpre 40 anos pero atópase en moi boas condicións para a práctica deportiva polo que aínda se manterá activo pero plantexando obxectivos ano a ano en función das sensacións.

sábado, 1 de maio de 2021

CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR. MADRID

 

Continuamos abrindo novas participación postpandemia coa asistencia de Samuel García e Bekbol aos campionatos de España Júnior que tiveron lugar a primieiros de maio en Madrid.
Os dous loitadores quedaron ás portas das medallas tendo que conformarse cuns meritorios quintos postos despois das dificultades de preparación dende o pasado ano.

Os dous loitadores contan con continuar a súa preparación de cara ao 2022 aínda que Bekbol tivo unha pequena lesión no muslo que seguramente o manteña apartado da competición todo o que queda de tempada.

A pesares das restriccións de aforo para a práctica de loita contamos con seguir aumentando as participacións no campionatos galegos e nacionais.

Noraboa campións!

sábado, 24 de abril de 2021

3ros por Equipos en Escolar

 Este sábado participamos nos campionatos galegos das categorías Escolar e Júnior abrindo así o noso particular calendario deportivos trala crise sanitaria, e é que quitando a participación internacional de José Cuba tivemos os adestramentos pechados a todo aquel que non formase parte do equipo de preparación do vilalbés para os clasificatorios olímpicos deste 2021.

Cun equipo moi pequeno con apenas dúas semanas de adestramento tras un ano de parón chegamos a Vila de Cruces onde competimos cos poucos clubs que retomaron a súa actividade. Na categoría escolar contamos con Xiao Seoane que acadou o ouro en menos de 44 kg e con Kevin Cuba que conseguiu a prata en menos de 85 kg, estas dúas preseas foron dabondo para acadar o 3ro postos por equipos nunha categoría na que predomiñou a ausencia de rivais. En Júnior, que tivo unha maior concurrencia aínda que moi lonxe da dun ano "normal" regresamos coa prata de Samuel García en menos de 65 kg e os 4to e 5to postos respectivos de Bekbol Oganarov e Manuel Canto en menos de 79 kg.  Bekbol que fóra medallista de España a pasada tempada co club Stellae participou este ano con licenza polo Vilalba trala ausencia do club compostelá, un de varios dos que hoxe botáronse de menos.

Agora toca seguir afinando para o Campionato de España Júnior que terá lugar o próximo fin de semana en Madrid e que de momento conta coa representación vilalbesa de Samuel García.