Cun equipo moi pequeno con apenas dúas semanas de adestramento tras un ano de parón chegamos a Vila de Cruces onde competimos cos poucos clubs que retomaron a súa actividade. Na categoría escolar contamos con Xiao Seoane que acadou o ouro en menos de 44 kg e con Kevin Cuba que conseguiu a prata en menos de 85 kg, estas dúas preseas foron dabondo para acadar o 3ro postos por equipos nunha categoría na que predomiñou a ausencia de rivais. En Júnior, que tivo unha maior concurrencia aínda que moi lonxe da dun ano "normal" regresamos coa prata de Samuel García en menos de 65 kg e os 4to e 5to postos respectivos de Bekbol Oganarov e Manuel Canto en menos de 79 kg. Bekbol que fóra medallista de España a pasada tempada co club Stellae participou este ano con licenza polo Vilalba trala ausencia do club compostelá, un de varios dos que hoxe botáronse de menos.
Agora toca seguir afinando para o Campionato de España Júnior que terá lugar o próximo fin de semana en Madrid e que de momento conta coa representación vilalbesa de Samuel García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario