domingo, 8 de novembro de 2015
venres, 6 de novembro de 2015
CONCENTRACIÓN COA SELECCIÓN ESPAÑOLA FEMININA DE LOITA
O pasado 24 de outubro tivo lugar no CGTD de Pontevedra unha concentración deportiva da categoría cadete na que os nosos mozos deportistas puideron compartir experiencias coa selección española feminina de loitas olímpicas que tantos éxitos está a dar á loita española. O equipo feminino dirixido por Francisco Barcia compartiron cos loitadores galegos algúns dos secretos cos que acadáronse o ouro no europeo cadete de Karima Sánches, a prata de Raquel Rama ou o bronce olímpico de Maider Unda.Sen dúbida unha experiencia moi positiva para os xóvenes loitadores vilalbeses que participaron na actividade.
xoves, 24 de setembro de 2015
xoves, 17 de setembro de 2015
JOSE CUBA PERDE EN PRIMEIRA ROLDA NO MUNDIAL DE LAS VEGAS
O vilalbés José Cuba non tivo moitas oportunidades de loitar polos postos de clasificación olímpica no Mundial de Las Vegas tras enfrontarse en primeira rolda co turco Taha Akgul.
A pesares de ter un difícil sorteo nun grupo no que terían que enfrontarse 3 campións mundiais, o vilalbés mantiña a esperanza de chegar á loita polos metais que lle daría o pase directo aos Xogos Olímpicos de Río 2016. Sen embargo tras caer en primeira rolda ante o turco e colocarse na repesca polo bronce trala chegada deste á final, tampouco puido superar ao armenio Levan Berianidze no primeiro enfrontamento da repesca.
Posíblemente a baixa actividade deportiva do pasado ano lle pasou factura á hora de competir.
Agora terá que esperar ao 15 de abril para desputar o primeiro clasificatorio europeo que terá lugar en Zrenjanin Serbia.
Moita sorte e ánimo!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)