Amosando publicacións coa etiqueta mundial de Las Vegas Olympic Wrestling loita olímpica jose cuba vilalba. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mundial de Las Vegas Olympic Wrestling loita olímpica jose cuba vilalba. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de setembro de 2015

JOSE CUBA PERDE EN PRIMEIRA ROLDA NO MUNDIAL DE LAS VEGAS

O vilalbés José Cuba non tivo moitas oportunidades de loitar polos postos de clasificación olímpica no Mundial de Las Vegas tras enfrontarse en primeira rolda co turco Taha Akgul.
A pesares de ter un difícil sorteo nun grupo no que terían que enfrontarse 3 campións mundiais, o vilalbés mantiña a esperanza de chegar á loita polos metais que lle daría o pase directo aos Xogos Olímpicos de Río 2016. Sen embargo tras caer en primeira rolda ante o turco e colocarse na repesca polo bronce trala chegada deste á final, tampouco puido superar ao armenio Levan Berianidze no primeiro enfrontamento da repesca.
Posíblemente a baixa actividade deportiva do pasado ano lle pasou factura á hora de competir.
Agora terá que esperar ao 15 de abril para desputar o primeiro clasificatorio europeo que terá lugar en Zrenjanin Serbia.
Moita sorte e ánimo!