mércores, 9 de abril de 2014

DOUS LUCENSES NO INTERNACIONAL DE BUCAREST

Nicolás López (Lugo) e Ramón Monasterio (Vilalba) formarán parte do combinado español que hoxe parte cara á capital de Rumanía para participar nun dos torneos de categorías inferiores máis importantes do continente. Os lucenses forman parte dun equipo de máis 20 deportistas de todo o estado e estarán dirixidos polo tamén vilalbés Nicolás Castro que viaxará como seleccionador do equipo cadete.
Nicolás disputará a categoría de 120 kg júnior grecorromana, mentras que Ramón se enfrontará en menos de 100kg libre olímpica cadete.
Trala competición que terá lugar entre o 11 e 13 de Abril, os nosos deportistas quedaranse a adestrar durante dez días en Rumanía coa seu equipo nacional.
Boa sorte a todos e ánimo.

sábado, 29 de marzo de 2014

VILALBA-XERMADE PASA Á FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE

O Clube Vilalba clasificouse no 3º posto da Xornada Norte de Deporte de loitas olímpicas da Secretaría Xeral para o Deporte que tivo lugar hoxe pola mañá no pavillón municipal dos deportes de Lugo. O equipo estivo formado por deportistas das escolas de Vilalba e de Xermade, e a pesares do baixón de practicantes que sufrimos esta tempada e nesta categoría dun xeito especial, fumos capaces de situarnos entre os 3 primeiros obtendo a praza para a final A da competición de deporte de base que terá lugar o próximo 24 de Maio na localidade pontevedresa de Tui.
José Cuba e Iván Paredes dirixiron moi hábilmente ao equipo que  estivo composto por:

  • Gabriel Blanco Vivero (Xermade)
  • David Piñeiro Amarelo (Xermade)
  • Hugo Ares Barros (Xermade)
  • Adan Blanco Pardo (Xermade)
  • Samuel García Miragaya (Vilalba)
  • Daniel Ameijide Leiras (Vilalba)
  • José Barrio Vilasuso (Vilalba)
  • Martín Pena Lamas (Vilalba)
  • Alejandro Gauthier Sampayo (Vilalba)
  • Ángel García Yáñez (Vilalba)
A pena foi o 5º e 6º posto dos compañeiros de Rábade e Lugo respectivamente pois a pesares de facer un bo papel o resultado non fai xustiza ao magnífico traballo que tanto Marcos Carral (Rábade) como Pablo Pintos (Lugo) están a facer nestes clubs, aínda asi o Rábade e o Lugo estarán presentes na Final B de Tui. Estamos convencidos de que coa apertura de novas escolas na provincia crearase unha corrente de práctica deportiva que beneficiará aos nosos clubs facéndonos en tamaño semellantes aos clubs das Rías Baixas.Noraboa a todos e ánimo!!!

mércores, 26 de marzo de 2014

4 LUCENSES CONVOCADOS POLA SELECCIÓNS ESPAÑOLAS DAS CATEGORÍAS INFERIORES

Tres vilalbeses e un lucense saíron hoxe cara a Murcia para participar na concentración de tecnificación de loitas olímpicas organizada polos seleccionadores españois das diferentes categorías.
Todos os campións de España das categorías cadete e junior participan nesta concentración de onde sairán os mellores preparados para representarnos nos principais torneos e competicións internacionais como europeos e mundiais.
Roberto Díaz, Carlos García e Ramón Monasterio de Vilalba xunto con Nicolás López de Lugo tentarán dar o máximo para que os seleccionadores decidan telos en conta para as viaxes ao estranxeiro.
Precísamente un deses seleccionadores será o tamén vilalbés Nicolás Castro que dirixirá os adestramentos e asesorará sobre o nivel técnico dos diferentes deportistas convocados.
A representación lucense estará aloxada no CAR Infanta Cristina de San Javier e permanecerán concentrados ata a semana que ven.
Boa viaxe e ánimo!!

XORNADA NORTE DE LOITAS OLÍMPICAS DE DEPORTE BASE

Este sábado 29 terá lugar no pavillón municipal dos deportes de Lugo a Xornada Norte de Loitas Olímpicas de Deporte de Base na que participarán varios clubs da provincia coa intención de clasificarse para a final do mes de Maio en Tuí.
Lugo, Rábade e Vilalba mediranse entre eles e tamén con outros clubs da provincia da Coruña na loita por quedar entre os tres primeiros clasificados que daría acceso á final A.
Vilalba viaxará a Lugo con 11 loitadores Alevíns de Vilalba e Xermade.
A xornada será de mañá de 10 a 12 horas.
Moita sorte a todos!!